Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MARÍN

ANUNCIO.

Por medio deste anuncio publícase o acordo adoptado polo quorum de maioría absoluta polo Pleno da Corporación Municipal de Marín que tivo lugar o 30-12-2002, relativo ó expediente de modificación puntual nº 1 das normas subsidiarias municipais de Marín, que ten o seguinte teor literal:

Artigo 7º.-Altura.

-A altura máxima da edificación graduarase en función do largo da rúa á que dá fronte a parcela na forma establecida na seguinte escala:

Largo de víaAltura de cornixaNº máximo de plantas

Menos de 4 metros7,40 metros2

De 4 a 8 metros10,20 metros3

De 8 a 11 metros13 metros4

De 11 a 14 metros15,80 metros5

Máis de 14 metros18,60 metros6

-A largura da rúa determinarase para os efectos do número anterior, tendo en conta a medida da largura existente entre as dúas transversais da mazá onde estea situado no soar. A dita altura media será determinada pola semisuma das dimensións maior e menor no tramo de rúa fixado.

-Nos casos en que a edificación dera fronte a un espacio verde público, sen mediar vía pública ningunha, a altura máxima graduarase en función da vía lateral adxacente máis próxima.

-A altura da edificación medirase no punto medio do edificio desde a rasante da beirarrúa, ata o remate de cornixa ou parte superior do último forxado. Os corpos saíntes ou beirís estarán a unha altura maior ou igual a 3,60 metros por encima da rasante da rúa, medida no punto máis desfavorable da fachada.

-No núcleo urbano de Seixo, nembargantes, a altura máxima será de tres plantas (planta baixa incluída) con 10,20 metros de altura máxima de cornixa.

Artigo 12º.-Fonda da edificación.

O fondo máximo das edificacións en edificación cerrada será de 20 metros. Non se permitirán vivendas interiores, entendéndose como vivenda exterior aquela que teña alomenos un parámetro de tres metros con oco que dea fronte a unha rúa ou praza prevista no planeamento. Nas plantas soto e baixa poderase edificar ata a totalidade da parcela coa limitación de non sobrepasa-lo plano de ángulo de 30 graos con aresta na prolongación ideal dunha liña tomada a 3,60 metros de altura da rasante das rúas posterior e laterais e a 20 metros de fondo desde a aliñación das ditas rúas. Esta prolongación non se permitirá cando o uso pretendido sexa vivenda.

Faise constar que se incorporan ó sistema xeral de zonas verdes e espacios libres e dotacionais o denominado predio de Briz, cunha superficie aproximada de 25.000 metros cadrados, que se inclúe dentro do solo urbano do núcleo de Marín, así como o parque da Casa de Cultura de Seixo no núcleo de Seixo, modificándose os planos de ordenación no sentido que se recolle no anexo que figura na presente proposta.

Faise constar que un escrito con data do 8-1-2003 se remite á Consellería de Política Territorial unha certificación de aprobación do acordo anterior e dúas copias autenticadas polo secretario do concello da modificación aprobada definitivamente.

O devandito acordo que pon fin á vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo diante da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación deste acordo.

Marín, 8 de xaneiro de 2003.

Francisco A. Santiago Fernández

Alcalde-presidente