Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 893

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LALÍN

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno acordou aproba-los trámites para a adxudicación, por concurso aberto, da obra de remate do albergue de Mouriscade. Para o efecto, aprobou o correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, que se expón xunto con este edicto polo prazo de catro días para reclamacións, e ordenou anuncia-lo correspondente concurso público:

Entidade adxudicadora: Concello de Lalín. Praza do Concello nº 1, 36500 Lalín (Pontevedra). Tfno.: 986 78 70 60, fax: 986 78 20 42.

Obxecto: obra de remate do albergue de Mouriscade. Importe orzamento: 84.142 A (IVE incluído).

Modalidade de adxudicación: concurso público; procedemento aberto; tramitación urxente.

Garantía provisional: 2% do orzamento.

Clasificación do contratista: non se esixe.

Exame do expediente: os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, en horas de oficina de luns a venres, ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Lugar e prazo de presentación de proposicións: este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia e no BOP. As proposicións presentaranse no rexistro xeral do concello, dentro do prazo de trece días naturais que comezará a contar a partir do día seguinte a aquel en que teña lugar a última publicación dos devanditos anuncios, das nove ás catorce horas, e na forma establecida no prego de condicións. Se o último día do prazo fose festivo, este rematará o día hábil seguinte. As ofertas manteranse durante tres meses.

Apertura de proposicións: a apertura de plicas terá lugar na casa do concello, ás doce horas do seguinte día hábil ó da finalización do prazo de presentación de ofertas. Para estes efectos, considéranse os sábados como días inhábiles.

Lalín, 8 de xaneiro de 2003.

O alcalde

Rubricado