Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO.

De conformidade co disposto no artigo 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, faise público que o Pleno, en sesión que tivo lugar o 9 de novembro de 2002, acordou non aprobar definitivamente o Plan Parcial SUR-1 (polígono industrial Santa María de Liñares), tramitada por instancia de Áridos Chan de Salgosa, S.L. nin a modificación do sistema de actuación do dito polígono.

Contra o dito acordo, definitivo en vía administrativa, poderanse interpoñe-los recursos que seguen:

a) Potestativo de reposición ante o Pleno deste concello, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio.

b) Contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó desta publicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sen embargo, interposto o recurso de reposición, non poderá interpoñerse o recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

c) Calquera outro recurso que se considere procedente.

As Neves, 15 de novembro de 2002.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde-presidente