Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2003 Páx. 894

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 23 de decembro de 2002 pola que se anuncia o concurso que se cita.

Obxecto do contrato: é a execución das obras comprendidas no proxecto de acabado de segunda planta do centro sociocultural das Fontiñas, proxecto este redactado polos arquitectos Fco. Javier Caamaño Pérez e Fco. Javier Ferreiro Núñez.

Tipo de licitación: 139.420,40 euros, IVE incluído.

Prazo de execución: o prazo de execución do contrato será de 3 meses contados a partir da data da acta de comprobación do replanteo.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Proposicións: os licitadores poderán presentar proposicións no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela en horas de 9 a 14, dentro do prazo de trece días naturais, contado a partir do día seguinte á data da derradeira das publicacións que corres

ponden facer no Diario Oficial de Galicia e no BOP da Coruña.

Información: Concello de Santiago de Compostela (Sección de Contratación). Teléfono: 981 54 30 33. Fax: 981 57 76 27.

Documentación: Copy Estudio. R/ Nova de Abaixo, nº 19-21, local 2. Teléfono: 981 59 33 85.

Clasificación: grupo C, subgrupo 4, categoría c.

Criterios de adxudicación: son os sinalados no punto 15.3.3. do prego de cláusulas administrativas.

Garantías:

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Apertura de plicas: terá lugar en acto público na casa do concello (secretaría) ás 12 h, o segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2002.

José A. Sánchez Bugallo

Alcalde