Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2002 pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se declara a utilidade pública, en concreto, se aproba o proxecto de execución e se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial do parque eólico denominado Fonsagrada e a compatibilidade do parque eólico denominado Fonsagrada e o permiso de investigación denominado Cartea 5224. (Expediente 073-EOL).

Examinado o expediente instruído por instancia de Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. con domicilio a efectos de notificacións na rúa Castiñeiriño, 12, 3º, 15702 Santiago de Compostela (A Coruña), sobre autorización e aprobación de instalacións, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial e utilidade pública do parque eólico denominado Fonsagrada; resultan os seguintes antecedentes de feito:

Primeiro.-O 31 de xaneiro de 2001, Concepción Cánovas del Castillo, en nome e representación de Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., solicitou a autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, declaración de utilidade pública, en concreto, aprobación do proxecto sectorial e o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción de enerxía eléctrica do parque eólico denominado Fonsagrada, de 49,50 MW, achegando a documentación establecida para efecto polo Decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte,

distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ó presente expediente en virtude do disposto na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

Segundo.-O proxecto someteuse a información pública para os efectos previstos no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia, artigos 53 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico; artigo 25 da Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia e o Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, mediante resolución da Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo do 30 de abril de 2001, publicada no BOP de Lugo do 16 de maio, no DOG do 16 de maio, nos diarios El Progreso e La Voz de Galicia ámbolos dous do 16 de maio, no BOE do 15 de maio e nos taboleiros de anuncios dos concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín e deuse coñecemento ós afectados mediante a oportuna notificación individual.

Durante o período de información pública presentáronse as seguintes alegacións:

1. Amador Rancaño Arias interesa que se inclúa a denominada Casa de Rancaño como copropietaria do predio número 212 do parcelario do proxecto.

2. Antidio Fernández Fernández solicita que se rectifique o seu domicilio e fai constar que os predios da súa titularidade afectadas polo proxecto atópanse arrendados a favor do Icona. Así mesmo expón que non se demostra a utilidade pública do proxecto e que non se delimita a área a expropiar. Por último expón que aínda que os predios rexistralmente teñan cualificación de monte baixo, na actualidade teñen calidade de masa forestal e alto valor paisaxístico.

3. Constantino Fernández Díaz afirma estar negociando coa beneficiaria e interésase polo alcance da expropiación e o prezo fixado por metro cadrado a expropiar.

4. Antonio García Fernández alega en síntese que se denegue a declaración de utilidade pública sobre a base de argumentos fundamentados na lexislación eléctrica, sectorial e ambiental.

5. Eladio Fernández Fernández rectifica o seu segundo apelido incluído na relación de bens e dereitos afectados polo proxecto.

6. José María Gómez Asenjo solicita que se inclúa como cotitular do predio número 212 como representante da Casa de Riba.

7. María Placeres Adelina Fernández Rancaño alega ser cotitular dos predios números 203, 204 e 212.

8. José Antonio Díaz Conde alega que dos predios números 25, 42, 48, 52, 59 e 91 perténcenlle en proindiviso xunto cos seus irmáns e descoñece os títulos nos que se fundamenta o incluí-lo Sr. Díaz Testa como copropietario dos meritados predios.

9. Herminio Mera López oponse á expropiación e solicita que se denegue o proxecto.

Terceiro.-O 5 de abril de 2002, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de efectos ambientais do parque eólico de Fonsagrada, publicada no DOG do 10 de setembro de 2002, resolvendo, ademais doutros condicionantes ambientais, a eliminación dos aeroxeradores números 52 a 57 así como as súas infraestructuras asociadas e a colocación dos aeroxeradores 51 e 58 a 62 segundo o indicado na DIA.

Cuarto.-O expediente incluíuse de forma automática dentro do conxunto de solicitudes presentadas á primeira convocatoria anual do artigo 15 do Decreto 302/2001. Por Resolución do 19 de abril desta consellería acordouse que proseguise a tramitación administrativa de autorización deste parque eólico da Fonsagrada para unha potencia de 49,5 MW.

Quinto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe sobre o citado proxecto con data do 25 de abril de 2001 respectivamente, cunhas características básicas e tendo en consideración o resolto na citada declaración de impacto ambiental son:

Situación e coordenadas poligonais:

NomeConcellosVértices

XY
FonsagradaA Fonsagrada0.649.3954.780.311
Ribeira de Piquín0.651.2054.780.311
0.652.3294.775.447
0.652.5154.772.247
0.652.5014.770.005
0.651.7484.770.113
0.650.4454.774.614
0.649.3664.778.420

Características técnicas da infraestructura eléctrica de transformación e interconexión:

Nº de aeroxeradores: 69.

Potencia unitaria por aeroxerador: 660 kW.

Xeradores: Made AE-44/I.

Potencia total instalada: 45,54 MW.

Producción anual estimada: 119.042 MW h/ano.

Investimento previsto: 30.018.029 euros.

69 centros de transformación de 700 kVA de potencia unitaria e relación de transformación 0,69/30 kV, instalados unitariamente no interior de torre de aeroxerador coa súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

Liñas de media tensión subterráneas para evacuación de enerxía a 30 kV, de interconexión entre centros de transformación e subestación transformadora 30/132 kV.

Subestación transformadora 30/132 kV para evacuación de enerxía producida no parque eólico Fonsagrada, composta por dous transformadores principais 30/132 kV de 32/27 MVA ONAF/ONAN de potencia nominal e un transformador para servicios auxiliares 30/0,42-0,24 kV de 50 kVA de potencia nominal cos correspondentes equipos de control, seccionamento, manobra e protección.

Sexto.-Con data 7 de novembro de 2002, ábrese por parte da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, dentro do expediente de declaración de utilidade pública, peza separada co obxecto de determina-la compatibilidade ou incompatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Fonsagrada coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado, concedendo trámite de audiencia a tódalas partes interesadas. As partes presentaron durante o prazo establecido para efecto as alegacións e xustificacións que estimaron pertinentes.

Sétimo.-Con data do 20 de decembro de 2002, a Subdirección Xeral de Enerxía e Recursos Minerais, examinado o citado expediente, emite informe favorable sobre a compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Fonsagrada coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso de investigación Cartea nº 5524.

O citado informe manifesta textualmente canto segue: informe sobre o expediente de compatibilidade entre o parque eólico Fonsagrada e o permiso de investigación Cartea nº 5524.

1. Antecedentes.

Durante a tramitación da declaración de utilidade pública do parque eólico Fonsagrada, solicitado pola sociedade Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., detectouse a posible interferencia das actuacións pretendidas neste proxecto coas previstas na solicitude de permiso de investigación Cartea nº 5524, da titularidade da sociedade Minera Santalla, S.A., polo que a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas abriu o 7 de novembro de 2002 un trámite de audiencia coas partes interesadas, entre as que se inclúe a Dependencia de Recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, Delegación Lugo, (por estar embargado o permiso de investigación de referencia por esta axencia), para así proceder a determina-la compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos públicos en xogo.

Trala apertura do trámite de compatibilidade as dúas sociedades afectadas, Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. e Mineira Santalla, S.A., chegaron a un acordo sobre a implantación dos seus respectivos proxectos, de tal forma que non se produza interferencia entre os mesmos nin con posibles futuras explotacións derivadas do permiso de investigación Cartea nº 5524, solicitando que se declare a compatibilidade entre os aproveitamentos públicos en xogo. O dito acordo establece unha franxa de protección de raio douscentos metros con centro en calquera elemento constitutivo da infraestructura da instalación eólica.

Por parte da Dependencia de Recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, Delegación Lugo non se produciron alegacións.

2. Conclusións.

Debido ó acordo existente entre as partes que garanta que non se produza interferencia entre as actuacións para desenvolver no parque eólico Fonsagrada e o permiso de investigación Cartea nº 5524, e ó non haber alegacións por parte da Dependencia de Recadación da Axencia Estatal de Administración Tributaria, Delegación Lugo, considérase que debe declararse a compatibilidade, nos termos do acordo citado, entre os dous aproveitamentos públicos en xogo.

Oitavo.- Mediante escrito do 17 de decembro de 2002, o promotor solicita que lle sexa de aplicación o procedemento establecido no Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa citado.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 15/2002, do 24 de xaneiro, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto de documentación que consta no expediente, queda de manifesto que:

1. Con respecto ás alegacións de carácter ambiental foron consideradas na declaración de impacto ambiental.

2. Con respecto ás alegacións referidas a posibles erros na determinación de servidumes así como na natureza dos terreos afectados, estas tomaranse en consideración cando se proceda ó levantamento de actas de ocupación, ó que serán oportunamente convocados, incluíndose na correspondente folla de aprecio.

3. Con respecto a posibles erros na titularidade dos predios afectados pola instalación do proxecto, cabe dicir que a empresa beneficiaria tomará razón deles, non obstante será durante o levantamento de actas ó que será oportunamente convocado, o momento no que pode demostra-la titularidade delas, achegando a documentación acreditativa necesaria.

4. Non se toman en consideración as alegacións referidas á valoración da afección das parcelas, por non ser obxecto desta fase do expediente. Correspondendo esta valoración á fase de prezo xusto.

5. En relación formulada por Antonio García Fernández cabe dicir que a declaración de utilidade pública faise en virtude dos artigos 52 e 54 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico.

6. En relación coas alegacións formuladas por Antidio Fernández Fernández, Constantino Fernández Díaz, Antonio García Fernández, Eladio Fernández Fernández, José Antonio Díaz Conde e Herminio Mera López, estas non deben ser tidas en conta dado que o promotor chegou a un acordo amigable cos afectados.

7. En canto á resolución da peza separada dentro deste expediente no que se estudia a compatibilidade ou non dos distintos dereitos amparados pola utilidade pública que incide sobre un mesmo espacio é procedente declara-la mesma con base nos argumentos establecidos no informe da Subdirección Xeral de Recursos Minerais do 20 de decembro de 2002, que esta consellería acepta e que serve de motivación á presente resolución neste extremo ó incorporarse ó seu texto, tal e como establece o artigo 89.5º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

* Autorizar a Endesa Cogeneración y Renovables S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do parque eólico denominado Fonsagrada, que se vai situar nos concellos da Fonsagrada e Ribeira de Piquín.

* Aproba-lo proxecto de execución da dita instalación.

* Recoñecer a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial del Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo b.2) do artigo 2 do dito real decreto.

* Declara-la utilidade pública, en concreto, das instalacións do parque eólico Fonsagrada, o que leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

* Declara-la compatibilidade da actividade de producción de enerxía eléctrica no parque eólico denominado Fonsagrada coa explotación dos recursos minerais existentes no ámbito territorial afectado polo permiso de investigación Cartea nº 5524 cun titular que é a empresa Minera Santalla, S.A., nos termos e condicións expostos no corpo desta resolución.

Todo isto de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-Endesa Cogeneración y Renovables, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes a contar desde o outorgamento da presente autorización, unha fianza de 652.565,85 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento das súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do citado Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

A dita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autorizan realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 32.628.292,46 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización desta Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, dentro da súa competencia a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo poderá autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da dita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autorizan será de dezaoito meses, contados a partir da data de ocupación dos terreos.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, a Delegación Provincial de Industria e Comercio de Lugo, inspeccionará a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos por Endesa Cogeneración y Renovables, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á citada instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da dita orde. O parque conectarase co sis

tema de captación e procesamento de datos de producción enerxética de Galicia regulado por Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG do 13 de agosto).

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración e impacto ambiental do 5 de abril de 2002, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A Administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto a presente autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que estimen pertinente.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

P.D. (Orde do 20 de decembro de 2001,

DOG nº 250, do 28 de decembro)

Jesús Vázquez San Luis

Secretario xeral Industria e Comercio

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO