A Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolveu anuncia-lo concurso que se cita:
1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual.
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo de contrato: asistencia.
b) Descrición do obxecto: asistencia para o despregue da DVB-T autonómica, planificación do desenvolvemento de diferentes servicios da AGI, ROC e rede de difusión autonómica.
c) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2003, podendo prorrogarse por mutuo acordo das partes.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.
a) Tramitación: urxente.
b) Procedemento: aberto.
c) Forma de adxudicación: concurso público.
4. Orzamento base de licitación.
Corenta e cinco mil (45.000) euros, IVE incluído.
5. Garantías.
a) Provisional: está dispensada.
b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.
6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.
a) Data límite de presentación das ofertas: antes das 14 horas do sétimo día natural contado a partir do día seguinte ó da publicación do concurso no Diario Oficial de Galicia.
b) Lugar de presentación de proposicións: deberán presentarse en man no rexistro xeral da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, ou nas direccións provinciais correspondentes, ou por correo na forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.
c) Documentación que deben presenta-los licitadores: a esixida na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares.
d) Admisión de variantes: non se admiten.
7. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación do contratista: non se esixe.
8. Obtención de documentación e información: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria estará á disposición dos licitadores, para o seu exame, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles de oficina, nas dependencias da Dirección Xeral de Comunicación Social e Audiovisual, sita no edificio administrativo nº 3 de San Caetano, Santiago de Compostela, teléfono 54 58 83.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:
http://www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=2185
9. Apertura das proposicións.
a) Lugar: realizarase pola mesa de contratación na sala de xuntas da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo.
b) Data e hora: a partir das 12 horas do oitavo día natural seguinte ó do peche do prazo de admisión de ofertas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.
10. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.
Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2003.
P.D. (Orde 15-12-1997)
Andrés González Murga
Secretario xeral da Consellería de Cultura,
Comunicación Social e Turismo