Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se realiza a publicidade do Acordo do 20 de setembro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación Coto Rape 2740.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación de impacto ambiental para Galicia, a dele

gada provincial da Consellería de Industria e Comercio de Pontevedra

RESOLVE:

Dar publicidade, mediante a presente publicación, o Acordo do 20-9-2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación para granito ornamental da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominada Coto Rape nº 2740, sita en terreos do termo municipal do Porriño, provincia de Pontevedra, promovido por International Marbles Company, S.L.

A mencionada declaración refírese, en exclusiva, a unha superficie de 0,56 ha, dentro do espacio solicitado para a concesión mineira de 2 cuadrículas mineiras, comprendidas entre os paralelos 42º 09' 00'', 42º 09' 20'' norte, e polos meridianos 8º 36' 20'', 8º 36' 40'' oeste, e foi incorporada ó expediente da concesión Coto Rape nº 2740, encontrándose á disposición de calquera interesado nesta delegación provincial.

Pontevedra, 16 de decembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra