Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 795

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/68-2, 5819 A.T.).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Concello da Pastoriza.

Domicilio social: praza de Galicia, 1, 27287 A Pastoriza.

Denominación: L.M.T. e C.T. do centro xeriátrico de Bretoña.

Situación: A Pastoriza.

Descricións técnicas: L.M.T. aérea a 20 kV con 105 m de lonxitude conductor tipo LA-56. L.M.T. subterránea a 20 kV con 15 m de lonxitude conductor tipo R.H.V. C.T. de 500 kVA de potencia e relación de transformación.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra esta resolución pódese interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Lugo, 27 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo