Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 794

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas e se aproba o proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda, Salto de Lagoa, concello de Mondoñedo, provincia de Lugo.

Visto o escrito presentado por Francisco Vázquez Fernández, na súa calidade de administrador da entidade Sociedad Española de Generación Eléctrica-Segel, S.L., con CIF B-27249788 e con enderezo rúa San Roque, nº 4, 5º A, 27002 Lugo, solicitando autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do aproveitamento hidroeléctrico no río Tronceda, Salto de Lagoa, no termo municipal de Mondoñedo, provincia de Lugo, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Por Resolución do presidente de Augas de Galicia, con data do 19 de decembro de 2000, outorgouse a favor da Sociedad Española de Generación Eléctrica-Segel, S.L. unha concesión para aproveitar 2.300 l/s de auga do río Tronceda, no termo municipal de Mondoñedo (Lugo), con destino a producción de enerxía eléctrica.

Segundo.-Con data do 27 de xullo de 2001, a Sociedad Española de Generación Eléctrica-Segel, S.L., solicita a autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución das instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río Tronceda, Salto de Lagoa, achegando a documentación establecida para o efecto polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, de aplicación a este expediente en virtude do disposto na disposición transitoria décimo primeira do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Terceiro.-As instalacións electromecánicas da central hidroeléctrica do río Tronceda, Salto de Lagoa, segundo o proxecto de execución da mesma, asinado polo enxeñeira de camiños Nuria González González e polo enxeñeiro industrial Jorge Núñez Ares teñen as seguintes características:

-Azude de derivación e toma.

-Caudal máximo derivado: 2.300 l/s

-Salto bruto: 83,85 m (entre cotas 440,7 e 355 m.s.n.m.).

-Dúas turbinas tipo Francis de eixo horizontal de 1.000 e 1.500 r.p.m., e de 1.700 e 600 l/s respectivamente.

-Dous xeradores asíncronos de 1.575 e 555 kVA de potencia e tensión de xeración de 0,66 kV.

-Un transformador de potencia de 2,5 MVA e relación de transformación 0,66/20 kV.

-Instalacións de mando, control, protección e medida.

Cuarto.-A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo emitiu informe favorable, propoñendo a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o decreto 132/1982, do 4 de novembro e o Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio, modificado polo Decreto 181/1999, do 17 de xuño, en relación co Real decreto 1995/2000, do 1 de decembro e o Real decreto 916/1985, do 25 de maio, modificado por Real decreto 249/1988, do 18 de marzo.

Segundo.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas

RESOLVE:

-Autorizar administrativamente o aproveitamento hidroeléctrico do río Tronceda, Salto de Lagoa, termo municipal de Mondoñedo, provincia de Lugo.

-Aproba-lo proxecto de execución das instalacións electromecánicas da citada central hidroeléctrica.

Queda obrigada a empresa titular da instalación, a notifica-lo comezo e remate das obras para a súa inspección e posta en marcha, podendo a Administración autonómica deixar sen efecto esta resolución, despois do oportuno expediente, no momento que observe incumprimento dos regulamentos, condicionantes técnicos e de seguridade e medidas correctoras establecidas polos organismos e entidades que constan no expediente deste aproveitamento hidroeléctrico.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxia e Minas