Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 793

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 9 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/486-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Sociedad Electricista de Tui, S.A.

Domicilio social: Coruña, 20, 36700 Tui.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Urbanización Pérez Blanco-r/ Rosal.

Situación: concello de Tui.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude, con conductor R.H.V., desde o C.T. existente no edificio Celta ata o C.T. que se proxecta na Urbanización Pérez Blanco, na r/ Rosal, no concello de Tui, con dous transformadores de 400 kVA c/u, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T., subterránea, de 20 m de lonxitude, con conductor R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 9 de decembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra