Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 775

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (560/2002).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña, fago saber que nos autos nº 560/2002, seguidos pola instancia de Adela Hidalgo Valiente contra Asociación Centro Asisten

cial Betanía sobre recoñecemento da existencia de relación laboral, a maxistrada-xuíza deste xulgado, Isabel Olmos Parés, dictou sentencia, na data do 23 de novembro de 2002, coa seguinte parte dispositiva:

«Que desestimando a demanda presentada pola demandante, debo absolver e absolvo a Asociación Centro Asistencial Betanía das pretensións da demanda.

Notifíquese esta sentencia ás partes, e fágaselles saber que en contra dela poderá presentar recurso de suplicación, que ha de anunciarse diante deste xulgado no termo de cinco días desde a notificación desta sentencia, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes, ás que se lles fará saber que, en contra da dita resolución, cabe o recurso de suplicación, que deberá de anunciarse perante este xulgado no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta sentencia, por comparecencia, ou por escrito das partes, o seu avogado ou representante legal, designado o letrado que deberá de presentalo, é posible o anuncio por mera manifestación daquela ó ser notificada, e que será resolto, se é o caso, e cumpridos os trámites legais, pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. A empresa condenada deberá así mesmo, acreditar ó anuncia-lo recurso ter consignado o importe da condena na conta de consignacións deste xulgado aberta no BBV, conta nº 5602-60, e que pode substituírse polo aseguramento mediante aval bancario, constando a responsabilidade solidaria do avalista, máis outra cantidade de 150,25 euros na mesma conta e en calidade de depósito nun impreso separado ó do importe da condena.

Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación á Asociación Centro Asistencias Betanía que tivo o seu último enderezo coñecido en r/ Víctor Seoane, 3-1º C, 15007 A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 23 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado