Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 774

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE CAMBADOS

EDICTO (252/2001).

No xuízo referenciado dictouse a resolución que no seu texto literal é o seguinte (no seu encabezamento e parte dispositiva):

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164.

Xuízo verbal (adopción de medidas paterno filiais e económicas) 252/2001.

Sentencia número 80/2002.

En Cambados, 27 de setembro de 2002.

Vistos por min, María Sol López Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Cambados e o seu partido os presentes autos de demanda de adopción de medidas paterno filiais e económicas derivadas de cesamento de convivencia de unión paramatrimonial, seguidos perante este xulgado co número 252/2001, por instancia de Enrique Méndez Gandón, representado polo procurador sr. Botana Castro e asistido do letrado Manuel Barros Barros, contra Sandra Günther, en situación procesual de rebeldía, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que, estimando parcialmente a demanda interposta polo procurador sr. Botana Castro, en nome e representación de Enrique Méndez Gandón, contra Sandra Günther, en situación de rebeldía procesual, debo acordar e acordo a adopción das seguintes medidas paterno filiais e económicas derivadas de cesamento de convivencia de unión paramatrimonial:

1. Que a garda e custodia do fillo menor de idade a teña o pai, mantendo ámbolos proxenitores a patria potestade compartida.

2. Outórgase o uso e desfrute do domicilio familiar a Enrique Méndez Gandón.

3. Non procede asignar pensión de alimentos ó fillo, nin sinalar réxime de visitas, polas causas expostas nos fundamentos de dereito cuarto e quinto desta sentencia.

Todo isto sen expresa declaración en canto ás custas causadas.

Estas medidas poderán ser modificadas cando se alteren substancialmente as circunstancias.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela poden interpoñer recurso de apelación perante este mesmo xulgado e nun prazo de cinco días a partir da súa notificación e que, se é o caso, coñecerá a audiencia provincial.

Dada a situación de rebeldía procesual e o descoñecido paradoiro da demandada Sandra Günther, notifíqueselle a sentencia por medio de edictos que serán publicados no taboleiro de anuncios deste xulgado e no Diario Oficial de Galicia, por conta da parte demandante, de acordo co establecido no artigo 497.2º da LAC.

Así por esta miña sentencia, María Sol López Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Cambados e o seu partido, da que se levará testemuño ós autos da súa razón, pronúncioo, mándoo e asínoo.

En conformidade co establecido no artigo 497.2º da Lei 1/2000, de axuizamento civil, por este edicto notifícaselle a Sandra Günther.

Cambados, 11 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado