Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 774

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE BETANZOS

EDICTO (349/2001).

María Carmen Vázquez Rodríguez, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Betanzos, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 349/2001 se dictou esta sentencia, que no seu encabezamento e parte dispositiva di:

«Sentencia 173/2002.

En Betanzos, 3 de setembro de 2002. Vistos os presentes autos de xuízo de faltas 349/2001 no que

foron partes como denunciado Luis Ardións Doldán, con intervención do Ministerio Fiscal.

Decido que debo condenar e condeno a Luis Ardións Doldán como autor dunha falta de desobediencia do artigo 634 do Código Penal a unha pena de 20 días de multa a razón dunha cota diaria de 6 euros, que en caso de non pagamento ou insolvencia dará lugar a unha responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas non pagadas, que poderán cumprir en réxime de arrestos de fin de semana no centro penitenciario que corresponda ou, se é o caso, mediante traballos en beneficio da comunidade, para o cal cada día de privación de liberdade equivalerá a unha xornada de traballo, condenándoo así mesmo ó pagamento das custas procesuais causadas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación dentro do prazo dos cinco días seguintes á publicación do presente edicto».

E para que conste e sirva de notificación de sentencia a Luis Ardións Doldán, actualmente en paradoiro descoñecido, e a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Betanzos o dez de decembro de dous mil dous.

A secretaria

Rubricado