Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 774

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA NÚMERO NOVE DA CORUÑA

EDICTO (541/2002-P).

Pablo González-Carreró Fojón, maxistrado-xuíz de primeira instancia número nove da Coruña.

Fago saber que nos autos de quebra necesaria número 541/2002-P por instancia da entidade Caramés Seoane, S.L., representada polo procurador Jorge Bejerano Pérez, contra a entidade Construcciones Peña Aguda, S.L., dictouse auto desta data declarando en estado de quebra necesaria a entidade Construcciones Peña Aguda, S.L., con tódalas consecuencias legais inherentes e, entre elas, a de quedar inhabilitada para a administración dos seus bens, coa inclusión especial da prohibición de facer pagamentos e entregas de efectos de calquera clase á quebrada e a prevención de manifestación de bens que se posúan da propiedade da quebrada a que se refira o artigo 1057 do Código de Comercio de 1829, nomeándose comisario e depositario da quebra, respectivamente, ós auditores de contas Juan Antonio Vallejo Herranz e a José Luis Cerqueiro Rodríguez.

Na Coruña, sete de novembro de dous mil dous.

O maxistrado-xuíz

Rubricado

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE

BETANZOS