Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 773

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2002 pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto vacante no cadro de persoal laboral desta universidade.

Vacante na Universidade de Santiago de Compostela o posto de traballo que se indica no anexo a esta resolución, e sendo necesaria a súa provisión con carácter urxente.

Este rectorado, en uso das atribucións que ten conferidas e de conformidade co previsto no artigo 22

do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela (DOG do 29 de abril de 2002), resolve anuncia-la convocatoria pública, mediante libre designación, do antedito posto, con suxeición ás seguintes

Bases da convocatoria

1. Requisitos dos candidatos: poderán concursa-lo persoal laboral fixo que reúna os requisitos que se esixen e se especifican no anexo.

2. Solicitudes.

2.1. As solicitudes dirixiranse ó rector da Universidade de Santiago de Compostela, e o prazo de presentación será de 15 días hábiles contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Os aspirantes deberán xuntarlle á solicitude un currículum vitae e xustificar debidamente os méritos que aleguen.

2.2. A presentación de solicitudes poderá facerse no rexistro xeral da Universidade de Santiago de Compostela (situado no Colexio de San Xerome; praza do Obradoiro, s/n), no Rexistro do Campus de Lugo (situado no edificio servicios administrativos e Biblioteca Intercentros; avda. Bernardino Pardo Ouro, s/n, polígono de Fingoi), ou na forma prevista no artigo 38 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.3. Os erros de feito poderán emendarse en calquera momento de oficio ou por petición do interesado.

3. A designación realizarase entre os traballadores que acrediten reuni-las aptitudes necesarias para o desempeño do posto, de acordo co establecido no artigo 22 do convenio colectivo para o persoal laboral da Universidade de Santiago de Compostela. Para estes efectos, a solicitude presentarase xunto cunha memoria sobre a misión do posto, responsabilidades do titular e posibles melloras.

Norma derradeira. Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa recepción, de conformidade cos artigos 46 e 8.2º a) da Lei da xurisdicción contencioso-administrativa, aprobada pola Lei 29/1988, do 13 de xullo.

Non obstante, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que o dictou. Neste caso non se poderá interpoñe-lo recurso contencioso-administrativo anteriormente indicado mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ó abeiro dos artigos 116 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2002.

Senén Barro Ameneiro

Rector da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: director do Servicio de Atención a Usuarios e Sistemas.

Grupo: I.

Categoría laboral: analista informático/técnico superior de telecomunicacións.

Complemento: 1.1.

Xornada: dispoñibilidade horaria.

Localidade: Santiago de Compostela.