Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 775

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (299/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dos da Coruña, dou fe e tes

temuño en autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 299/2002, por instancia de Antonio Calviño Pereira contra a empresa Manuel Vázquez Tumbeiro sobre salarios, dictouse a seguinte sentencia:

«Na cidade da Coruña, 18 de novembro de 2002.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo número 299/2002 seguidos por instancia de Antonio Calviño Pereira, maior de idade, asistido polo letrado José Nogueira Esmorís, contra a empresa Manuel Vázquez Tumbeiro, que non compareceu nos autos, sendo o obxecto da reclamación, salarios.

Seguen feitos e fundamentos de dereito.

Decido que estimando a demanda interposta por Antonio Calviño Pereira contra a empresa Manuel Vázquez Tumbeiro, debo condenar e condeno a esta a que lle aboe ó actor a cantidade de 1.803,03 euros por tódolos conceptos reclamados na demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra a referida non cabe recurso algún.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a empresa Manuel Vázquez Tumbeiro mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, 27 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado