Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (316/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 316/2002 seguidos por instancia de Francisco Javier Deza Gallego contra a empresa Jorge Antonio Fernández Leiro sobre salarios, nos que recaeu 16-10-2002 en data sentencia que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por Francisco Javier Deza Gallego condeno á empresa Jorge Antonio Fernández Leiro, a aboarlle a cantidade de 3.855,21 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xus

tiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social, no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Previndo á empresa demandada de que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións código 5604.0000.60 316-2002 do BBVA desta cidade denominada conta do Xulgado do Social número tres o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito, requisitos sen os cales non será admitido a trámite o recurso quedando firme a sentencia.

Así por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Jorge Antonio Fernández Leiro, expido e asino a presente na Coruña o 3 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado