Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 776

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (444/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado séguense autos número 444/2002 a instancia de Eva Mª Fariña Varela contra Playamar Servicios Hosteleros, S.L. sobre salarios, nos que recaeu 4-12-2002 en data sentencia que copiada nos particulares necesarios di así:

Que estimando a demanda formulada por Eva Mª Fariña Varela contra a empresa Playamar Servicios Hosteleros, S.L., condeno a este a aboarlle-la cantidade de 1.073,50 euros, que lle debe en concepto de salarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún.

Así por esta miña sentencia do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia a fin de que sirva de notificación en forma á empresa Playamar Servicios Hosteleros, expido e asino a presente na Coruña o 5 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado