Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 759

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa M. Caeiro, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo da empresa M. Caeiro, S.A. (código convenio 1501342), que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 8-11-2002 e complementado o 9-12-2002, subscrito en representación da parte económica pola empresa, e, da parte social, polo comité de empresa o día 22-5-2002, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de decembro de 2002.

Reyes Carabel Pedreira

Delegada provincial da Coruña

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

As normas do presente convenio serán de aplicación a tódolos traballadores da empresa M. Caeiro, S.A., NIF A-15018146, con carácter provincial.

Artigo 2º.-Normas complementarias.

En todo o non pactado expresamente neste convenio será de aplicación a Lei 8/1980, do Estatuto dos traballadores e demais disposicións vixentes.

Artigo 3º.-Vixencia, denuncia e prórroga.

O convenio entrará en vigor para tódolos efectos desde o 1 de xaneiro de 2002 ata o 31 de decembro de 2004.

Con dous meses de anticipación ó menos, ó termo da súa vixencia, calquera das partes poderá denuncialo notificándoo á outra parte por medio de carta certificada ou doutra forma fidedigna. As partes comprométense a constituíren a comisión negociadora no prazo máximo dun mes.

No caso de non ser denunciado, entenderase prorrogado por períodos anuais nos seus mesmos termos.

As condicións económicas serán revisadas anualmente por acordo entre as partes, tomando como referencia o IPC previsto e a productividade da empresa.

Artigo 4º.-Complemento de transporte.

Establécese un complemento de transporte de 35,70 euros ó mes, descontándose 1,62 euros por cada día laborable que se falte ó traballo, sexa cal for a causa.

Artigo 5º.-Antigüidade.

Establécese un complemento salarial por este concepto de dezaseis euros con vintetrés céntimos mensuais por cada quinquenio de permanencia efectiva na empresa. Os quinquenios comezarán a devengarse a partir do día primeiro do mes en que se cumpra.

Artigo 6º.-Gratificacións extraordinarias.

Establécense dúas gratificacións, unha de Nadal e a outra de verán, que se farán efectivas, a primeira delas antes do día 21 de decembro e a segunda antes do 15 de xullo. Consistirán ambas nunha mensualidade de salario de convenio e antigüidade.

Artigo 7º.-Axudas de custo.

Tódolos traballadores que por necesidades dos servicios teñan que desprazarse a municipios distintos ó do centro de traballo, percibirán unha axuda de custos de 12,02 euros día ou ben media axuda de custos de 5,41 euros.

Os días de saída devengarán idéntica axuda e o de chegada reducirase á metade se se pernoita no propio domicilio, a menos que houbese que efectuar fóra as dúas comidas principais.

Se os traballos se efectúan de tal forma que só cómpre realizar fóra do lugar habitual o xantar, só percibirán media axuda.

Se os gastos orixinados exceden o importe das axudas de custo, o exceso deberá ser aboado pola empresa despois de xustificación dos traballadores.

Artigo 8º.-Xornada de traballo.

Será de 1.804 horas e 0 minutos efectivos de traballo, en cómputo anual, segundo o calendario oficial de festas.

A empresa poderá, de acordo cos traballadores, establecer pontes.

Artigo 9º.-Falta de puntualidade.

Considéranse faltas de puntualidade o atraso na incorporación ó posto de traballo ou a anticipación en abandonalo.

As faltas de puntualidade poderán ser sancionadas pola empresa conforme as disposicións vixentes.

Artigo 10º.-Horas extraordinarias.

As partes asinantes do presente convenio acordan a conveniencia de reducir ó mínimo indispensable

a realización de horas extraordinarias, realizando soamente aquelas que veñan esixidas por necesidades urxentes.

Considéranse horas estructurais aquelas que sexan necesarias por períodos punta de producción, ausencias imprevistas, as derivadas da natureza do traballo para mantemento, etc.

En especial considéranse horas extraordinarias estructurais as precisas para terminar traballos durante os meses de verán cando o número de traballadores ausentes por vacacións ou outras causas superen o trinta por cento da cadro de persoal da empresa.

O valor da hora extraordinaria terá un incremento dun setenta e cinco por cento sobre a ordinaria, comprometéndose ámbalas partes a cumpriren estrictamente o artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 11º.-Vacacións.

Establécese un período anual de trinta días naturais de vacacións retribuídas pola totalidade das percepcións; non obstante, este período poderá fraccionarse cando a empresa e os traballadores ou os seus representantes así o acorden.

As vacacións deberán desfrutarse obrigatoriamente dentro de cada ano natural e non poden ser compensadas en metálico nin acumuladas por anos sucesivos.

Artigo 12º.-Licencias.

A tódolos traballadores que o soliciten, logo de xustificación da súa necesidade, seralles concedida licencia sen perda de retribución polos motivos e períodos seguintes:

a) Por matrimonio do traballador, catorce días laborables.

b) Por parto de esposa, tres días laborables ampliables como licencia sen soldo, logo de solicitude á empresa en caso de necesidade grave.

c) Por falecemento de irmáns políticos e fillos políticos dous días naturais.

d) Por falecemento de pais, pais políticos, avós, fillos, netos, cónxuxe e irmán, tres días laborables.

e) Por enfermidade grave de pais, pais políticos, avós, fillos e cónxuxe, dous días laborables.

f) Por enfermidade grave de fillos políticos, dous días laborables.

Nos supostos das alíneas c), d), e) e f) concederase, ademais, o tempo necesario para efectua-la viaxe.

g) Por asuntos propios, dous días laborables ó ano sen dereito a percepción ningunha.

Artigo 13º.-Respecto de dereitos, compensación e absorción.

Respectaranse a tódolos traballadores as situacións persoais actualmente consolidadas en canto determinen maiores dereitos que os concedidos por este convenio respecto das materias obxecto da súa regulación.

Artigo 14º.-Percepcións en caso de IT.

Os traballadores en situación de IT orixinada por accidente laboral ou enfermidade profesional percibirán unha compensación económica que complete a prestación da Seguridade Social, desde o primeiro día da súa percepción, ata o cento por cento do salario convenio e antigüidade.

O empresario poderá verifica-lo estado de enfermidade ou accidente do traballador que sexa alegado por este para xustifica-las súas faltas de asistencia ó traballo, mediante recoñecemento a cargo de persoal médico.

A negativa do traballador ó dito recoñecemento poderá determina-la suspensión do complemento.

Artigo 15º.-Aviso previo de cesamento.

Os traballadores que voluntariamente causen baixa na empresa deberán comunicalo cunha anticipación mínima de quince días, en caso contrario poderán descontarse da liquidación os días de atraso na notificación.

Artigo 16º.-Axuda por xubilacion e xubilación anticipada.

Os traballadores que se xubilen como máximo á idade de 65 anos terán dereito a desfrutar un mes de vacacións retribuídas se levasen na empresa de dez a vinte anos de antigüidade. Se levasen de vinte a trinta anos de antigüidade terán dereito a aproveitar dous meses de vacacións retribuídas; se levasen de trinta anos de antigüidade en diante, terán dereito a desfrutar tres meses de vacacións retribuídas.

O desfrute destas vacacións farase efectivo coa correspondente anticipación, entregando a empresa ó traballador que solicite o premio de vacacións un certificado acreditativo do seu desfrute, no que constará o número de meses ós que ten dereito.

Artigo 17º.-Seguro de vida.

As empresas afectadas por este convenio concertarán unha póliza ou renovarán a xa existente, garantindo ós traballadores ou ós beneficiarios as percepcións seguintes:

a) 9.000 de euros en caso de morte por accidente laboral, incapacidade absoluta ou grande invalidez,

b) 9.015 de euros en caso de morte natural calquera que sexa a causa.

Os traballadores que causen alta nas empresas durante a vixencia deste convenio, deberán solicitar delas por escrito con aviso de recepción a súa inclusión no seguro. Estas disporán dun prazo de trinta días naturais para formalizaren a póliza correspondente.

A efectividade deste artigo páctase pola vixencia do presente convenio.

As empresas que contratasen a póliza correspondente con compañía de seguros, non responderán subsidiariamente das indemnizacións en ningún caso.

Artigo 18º.-Roupa de traballo.

A empresa, ademais de proporcionar ós seus obreiros tódolos elementos de protección que determina

a ordenanza de traballo, subministrará a cada productor, ó seu ingreso na empresa, dúas fundas de traballo, que serán renovadas por períodos anuais. Así mesmo, e en idénticas periodicidades, entregaránselle a cada productor dúas toallas.

Ó persoal a que por razóns de seguridade e hixiene lle sexa necesario, seralle proporcionado calzado de seguranza.

Artigo 19º.-Cláusula de revisión.

A revisión das táboas salariais ou outro concepto económico non será modificado durante os anos de vixencia do presente convenio.

Artigo 20º.-Comisión mixta.

Será un órgano de interpretación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento do convenio coas seguintes funcións específicas:

1. Interpretación auténtica do convenio.

2. Vixilancia do cumprimento do pactado.

3. Seguimento da evolución das relacións entre as parte contratantes.

4. Entender en cantas cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

As resolucións adoptadas de mutuo acordo terán carácter vinculante. En caso de dúbidas a comisión elevará a consulta á autoridade laboral competente.

Táboa salarial do convenio colectivo da empresa

M. Caeiro, S.A.

Efectos económicos do 1 de xaneiro de 2002.

CategoríasSalario baseCómputo anual

Titulado superior1.146,1816.439,22

Titulado medio1.105,8615.874,74

Xefe de vendas1.076,1715.459,08

Xefe de post-venda1.076,1715.459,08

Xefe de almacén1.076,1715.459,08

Xefe administrativo de 1ª1.076,1715.459,08

Xefe de taller924,0613.329,54

Xefe de recepción924,0613.329,54

Xefe administrativo de 2ª924,0613.329,54

Mestre de taller872,0612.601,54

Técnico de organización (encargado)872,0612.601,54

Contable872,0612.601,54

Contramestre860,0212.432,98

Mestre de 2ª860,0212.432,98

Dependente de 1ª834,9412.081,86

Vendedor de 1ª834,9412.081,86

Administrativo de 1ª834,9412.081,86

Dependente de 2ª823,8911.927,16

Vendedor de 2ª823,8911.927,16

Oficial obreiro de 1ª823,8911.927,16

Recepcionista823,8911.927,16

Probador823,8911.927,16

Chofer de camión823,8911.927,16

Administrativo de 2ª795,0811.523,82

Chofer de turismo795,0811.523,82

Vendedor de 3ª795,0811.523,82

Oficial obreiro de 2ª795,0811.523,82

Administrativo de 3ª758,9111.017,44

Dependente de 3ª758,9111.017,44

Oficial obreiro de 3ª758,9111.017,44

Axudante de planing729,2510.602,20

CategoríasSalario baseCómputo anual

Axudante de dependente de 1ª729,2510.602,20

Mozo especializado729,2510.602,20

Auxiliar administrativo729,2510.602,20

Telefonista729,2510.602,20

Axudante de dependente de 2ª718,1010.446,10

Mozo e peón718,1010.446,10

Lavador e engraxador718,1010.446,10

Limpadora718,1010.446,10

Complemento de transporte35,70

Antigüidade por quinquenio16,23

Efectos económicos do 1 de xaneiro de 2003.

CategoríasSalario baseCómputo anual

Titulado superior1.203,4917.241,56

Titulado medio1.161,1516.648,80

Xefe de vendas1.129,9816.212,42

Xefe de post-venda1.129,9816.212,42

Xefe de almacén1.129,9816.212,42

Xefe administrativo de 1ª1.129,9816.212,42

Xefe de taller970,2613.976,34

Xefe de recepción970,2613.976,34

Xefe administrativo de 2ª970,2613.976,34

Mestre de taller915,6613.211,94

Técnico de organización (encargado)915,6613.211,94

Contable915,6613.211,94

Contramestre903,0213.034,98

Mestre de 2ª903,0213.034,98

Dependente de 1ª876,6912.666,36

Vendedor de 1ª876,6912.666,36

Administrativo de 1ª876,6912.666,36

Dependente de 2ª865,0812.503,82

Vendedor de 2ª865,0812.503,82

Oficial obreiro de 1ª865,0812.503,82

Recepcionista865,0812.503,82

Probador865,0812.503,82

Chofer de camión865,0812.503,82

Administrativo de 2ª834,8312.080,32

Chofer de turismo834,8312.080,32

Vendedor de 3ª834,8312.080,32

Oficial obreiro de 2ª834,8312.080,32

Administrativo de 3ª796,8611.548,74

Dependente de 3ª796,8611.548,74

Oficial obreiro de 3ª796,8611.548,74

Axudante de planing765,7111.112,64

Axudante de dependente de 1ª765,7111.112,64

Mozo especializado765,7111.112,64

Auxiliar administrativo765,7111.112,64

Telefonista765,7111.112,64

Axudante de dependente de 2ª754,0110.948,84

Mozo e peón754,0110.948,84

Lavador e engraxador754,0110.948,84

Limpadora754,0110.948,84

Complemento de transporte35,70

Antigüidade por quinquenio16,23

Efectos económicos do 1 de xaneiro de 2004.

CategoríasSalario baseCómputo anual

Titulado superior1.263,6618.083,94

Titulado medio1.219,2117.461,64

Xefe de vendas1.186,4817.003,42

Xefe de post-venda1.186,4817.003,42

Xefe de almacén1.186,4817.003,42

Xefe administrativo de 1ª1.186,4817.003,42

Xefe de taller1.018,7714.655,48

Xefe de recepción1.018,7714.655,48

Xefe administrativo de 2ª1.018,7714.655,48

Mestre de taller961,4413.852,86

Técnico de organización (encargado)961,4413.852,86

Contable961,4413.852,86

Contramestre948,1713.667,08

Mestre de 2ª948,1713.667,08

Dependente de 1ª920,5213.279,98

Vendedor de 1ª920,5213.279,98

CategoríasSalario baseCómputo anual

Administrativo de 1ª920,5213.279,98

Dependente de 2ª908,3313.109,32

Vendedor de 2ª908,3313.109,32

Oficial obreiro de 1ª908,3313.109,32

Recepcionista908,3313.109,32

Probador908,3313.109,32

Chofer de camión908,3313.109,32

Administrativo de 2ª876,5712.664,68

Chofer de turismo876,5712.664,68

Vendedor de 3ª876,5712.664,68

Oficial obreiro de 2ª876,5712.664,68

Administrativo de 3ª836,7012.106,50

Dependente de 3ª836,7012.106,50

Oficial obreiro de 3ª836,7012.106,50

Axudante de planing804,0011.648,70

Axudante de dependente de 1ª804,0011.648,70

Mozo especializado804,0011.648,70

Auxiliar administrativo804,0011.648,70

Telefonista804,0011.648,70

Axudante de dependente de 2ª791,7111.476,64

Mozo e peón791,7111.476,64

Lavador e engraxador791,7111.476,64

Limpadora791,7111.476,64

Complemento de transporte35,70

Antigüidade por quinquenio16,23