Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2003 Páx. 759

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 16 de xaneiro de 2003 pola que se designa o presidente e o vicepresidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia.

Ultimado o proceso de renovación do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, e segundo o disposto no artigo 31.3º do Decreto 63/2002, polo que se regulan os procesos electorais para a renovación dos membros dos consellos reguladores de denominacións de calidade en materia agroalimentaria, trala proposta do consello regulador electo en pleno, e consonte coas atribucións que teño conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e o seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Desígnase presidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia a Gabino Vázquez Fernández.

Artigo 2º

Desígnase vicepresidente do Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia a José Antonio Fernández Álvarez.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2003.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural