Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 584

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DE LUGO

EDICTO (748/2002).

Rafael González Alió, secretario do Xulgado do Social número un dos de Lugo, dou fe e testemuño de que nos autos de xuízo número 748/2002, seguidos por instancia de Alejandro Sangiao Rodríguez contra a empresa Bosque y Jardín, S.L. e outro sobre cantidade, se dictou a sentencia que ten o seguinte encabezamento e parte dispositiva:

Sentencia. En Lugo, 5 de decembro de 2002.

Vistos por Mª de los Ángeles Andrés Veiga, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número un dos

de Lugo estes autos de xuízo verbal número 748/2002, sobre reclamación por cantidade no que son partes como demandante Alejandro Sangiao Rodríguez, representado pola letrada Mª Teresa Souto Neira e como parte demandada o Fondo de Garantía Salarial, representado polo letrado José Carlos Pérez Vázquez. Non compareceu a empresa demandada Bosque y Jardín, S.L., a pesar de estar citada en legal forma.

Decido que, estimando substancialmente a demanda interposta por Alejandro Sangiao Rodríguez, contra a empresa Bosque y Jardín S.L., debo condenar e condeno a empresa citada a lle aboar ó actor a suma bruta de tres mil trescentos once euros con dous céntimos de euro (3.311,02 euros) polos conceptos xa expresados no segundo dos feitos probados desta resolución, con máis o xuro preceptivo do artigo 576 da Lei de axuizamento civil.

Absólvese o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sen prexuízo da súa eventual e ulterior responsabilidade subsidiaria para o caso de ser declarada a insolvencia empresarial. Notifíqueselles esta sentencia ás partes, coa advertencia de que, contra ela cabe interpor recurso de suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, A Coruña, dentro dos cinco días seguintes ó da súa notificación, por conducto deste Xulgado do Social, logo do depósito das cantidades obxecto da condena, e cos requisitos esixidos no artigo 189 e seguintes do texto refundido da Lei de procedemento laboral, e en especial o disposto no seu artigo 228, consistente en que será indispensable que o recorrente que non gozar do beneficio de xustiza gratuíta acredite, ó anuncia-lo recurso de suplicación, ter consignado na conta de depósitos e consignacións nº 2322-69-nº de autos 748/2002, que este Xulgado do Social ten aberta no Banco Bilbao Vizcaya, desta cidade, rúa da Raíña, nº 1, a

cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que se deberá facer consta-la responsabilidade solidaria do avalista. O xustificante de consignación en metálico ou, se é o caso, o documento de aseguramento, nos que deberá consta-lo número de procedemento, quedará baixo a custodia do secretario, que expedirá testemuño deles para a súa unión ós autos, facilitando o oportuno recibo, máis o depósito de 150,25 euros, prevido para esta clase de recursos que se deberá constituír na mesma conta nº 2322-65-nº de autos 748/2002, do Banco Bilbao Vizcaya, que para o efecto e baixo a denominación de recurso de suplicación existe, debendo entregarse os xustificantes na secretaría deste xulgado ó tempo de interpo-lo recurso, caso de se-la empresa demandada condenada quen o interpuxese, de conformidade co disposto no artigo 227 do referido texto legal. Así por esta miña sentencia definitiva, pronúncioo, mándoo e asínoo. Mª de

los Ángeles Andrés Vega. Rubricado.

Publicación.-Lida e publicada foi a anterior sentencia pola maxistrada que a subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data, do que eu, secretario, certifico. Rafael González Alió. Rubricado.

Concorda ben e fielmente co orixinal, e para que sirva de notificación en forma á empresa Bosque y Jardín, S.L., en paradoiro ignorado, expido e asino este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, en Lugo, o 5 de decembro de 2002.

Rubricado