Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 584

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (165/2001).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 165/2001, por instancia de Manuel Estraviz Sánchez contra Núcleo Gestión, S.L. e Mutua Madín sobre prestacións nos que recaeu sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido que estimando a demanda interposta por Manuel Estraviz Sánchez contra Núcleo Gestión, S.L. e Mutua Madín debo declarar e declaro que o demandante ten dereito ó recoñecemento da prestación de incapacidade temporal solicitada na demanda, condenando as demandadas a estar e pasar pola devan

dita declaración e á empresa Núcleo Gestión, S.L. como responsable directa de aboamento da prestación referida polo período 21 de febreiro de 2000 ó 19 de xaneiro de 2001, na contía de 3.560,70 euros (592.450 pesetas). A Mutua Madín de accidentes de traballo e enfermidades profesionais demandada a anticipa-lo pagamento da dita cantidade cos aumentos, melloras, revalorizacións e efectos económicos correspondentes.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que no momento de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría

no momento de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non se constituír ese depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia, do que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Núcleo Gestión, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña, 27 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado