Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 583

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO TRES DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (703/2002).

Juan Rey Pita, secretario do Xulgado do Social número tres da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos nº 703/2002, seguidos por instancia de Sergio Novo González e Juan Diz Graña contra Aceadama, S.L. sobre despedimento, nos que recaeu sentencia con data do 4-12-2002 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Que, estimando a demanda formulada por Sergio Novo González e Juan Diz Graña, declaro a improcedencia dos seus despedimentos e condeno a empresa Aceadama, S.L. a que, á súa elección, que deberá efectuar no prazo de cinco días, os readmita nos seus postos e condicións de traballo ou os indemnice coa cantidade de 103,74 euros a Sergio Novo González e 98,80 euros a Juan Diz Graña, así como a aboar en concepto de salarios de tramitación para

o suposto de readmisión a cantidade de 3.425,74 euros ó sr. Novo González e 3.654,16 euros ó sr. Diz Graña.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela cabe interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, debendo anuncialo previamente ante este Xulgado do Social no prazo de cinco días hábiles a partir do día seguinte ó da súa notificación.

Prevense a empresa demandada de que, para recorrer, deberá acreditar ter ingresado na c/c de consignacións, código 5604.0000.60 703-2002 do Banco Bilbao Vizcaya desta cidade, denominada conta do Xulgado do Social número tres, o importe da condena e 150,25 euros en concepto de depósito; sen estes requisitos non será admitido a trámite o recurso e quedará firme a sentencia.

Así mesmo, advírteselle á parte demandada que, se fai uso de tal dereito optando pola readmisión, durante a substanciación do procedemento deberalle aboar á parte demandante o mesmo salario que percibiría, estando obrigada esta a prestarlle os seus servicios á demandada, a menos que esta prefira facer uso de tal aboamento sen percibir ningunha compensación por parte da demandante.

Así, por esta miña sentencia, da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Aceadama, S.L., expido e asino esta cédula na Coruña o 5 de decembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado