Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 582

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO TRES DE CAMBADOS

EDICTO (218/2001).

Xuízo de procedemento ordinario 218/2001.

Parte demandante: Banco Santander Central Hispano, S.A.

Parte demandada: José Mario Domínguez Costa e Construcciones y Reformas Salnés, S.L.

No xuízo referenciado doctouse a resolución co texto literal seguinte:

Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Cambados.

Xuízo ordinario 218/2001.

Sentencia número 69/2002.

En Cambados o 29 de xuño de 2002.

Vistos por min, María Sol López Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Cambados e o seu partido, os presentes autos número 218/2001 de xuízo ordinario, seguidos por instancia de Banco Santander Central Hispano, S.A., representado polo procurador Jesús Martínez Melón e asistido polo letrado J. Ángel del Río Varela contra José Mario Domínguez Costa e

Construcciones y Reformas Salnés, S.L., ambos en situación de rebeldía procesual, sobre incumprimento de contrato en préstamo hipotecario; e

Antecedentes de feito.

Primeiro.-O procurador, sr. Martínez Melón, na representación antes sinalada, presentou a demanda que deu lugar ás presentes actuacións no decanato destes xulgados o día 25 de xuño de 2001, correspondendo por quenda de reparto a este xulgado, na que suplicaba que se dictase sentencia pola que se condenasen os demandados ó pagamento de 135.484,17 euros.

Segundo. Admitida a trámite a demanda por auto de data 26 de xuño de dous mil un, deuse traslado dela, emprazando en forma os demandados polo termo legal, non comparecendo estes dentro do termo polo que en providencia de data 3 de abril de 2002 foron declarados en rebeldía, notificándoselle-la dita resolución e sinalando para a celebración de audiencia previa o día 22 de maio de 2000, celebrándose a vista na dita data, incomparecendo a ela as partes codemandadas e aberto o período de proba pola parte demandante propúxose 1) documental, a cal foi admitida e en virtude do establecido no artigo 429.8º LAC declaráronse os autos vistos para sentencia.

Feitos probados.

Quedou probado que Construcciones y Reformas Salnés, S.L. e José Mario Rodríguez Costa, o primeiro como debedor principal e o segundo como fiador solidario, debénlle ó demandante a cantidade de 20.137.317 pesetas como consecuencia do incumprimento do contrato de préstamo hipotecario subscrito en escritura pública o día 19 de febreiro de 1999.

Desde a data da liquidación do saldo acredor (20 de maio de 2000) e ata a data da presentación da demanda (25 de xuño de 2001) devengáronse en concepto de xuros de demora pactados a cantidade de 2.405.352 pesetas.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Ante a incoparecencia do demandado ó acto de xuízo, citado coas prevencións contidas na Lei de axuizamento civil, procede conforme o artigo 304 do mesmo corpo legal ter por certos os feitos en que a demanda se sustenta, ó quedar estes debidamente acreditados polos documentos unidos coa demanda rectora.

Segundo.-As custas por aplicación do artigo 394 da Lei de axuizamento civil impoñénselles ós demandados.

Terceiro.-Os xuros desde a data de interposición da demanda son os pactados na escritura de hipoteca para caso de mora (artigos 63, 315 a 317 do Cco e artigo 1.108 do CC) ó existir un requirimento de pagamento non atendido, que cumpre co requisito da culpa na apreciación da mora.

Decido que, estimando a demanda formulada polo procurador sr. Martínez Melón en nome e representación de Banco Santander Central Hispano, S.A. contra Construcciones y Reformas Salnés, S.L. e José Mario Domínguez Costa, ambos en situación de rebeldía procesual debo condenar e condeno solidariamente a Construcciones y Reformas Salnés, S.L. e a José Mario Domínguez Costa a que aboen á demandante a cantidade de 22.542.669 (135.484,17 euros) polos conceptos expresados na demanda, así como ó pagamento dos xuros pactados desde a interposición da demanda, e ó pagamento das custas procesuais.

Notifíqueselles esta sentencia ás partes. Dedúzase testemuño para a súa unión ós autos e lévese o orixinal ó libro de sentencias.

Esta resolución non é firme e cabe contra ela recurso de apelación a preparar ante este xulgado no prazo dos cinco días seguintes á súa notificación.

Así por esta miña sentencia, pronúncioa, mándoa e asínoa. S.Sª María Sol López Martínez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número tres de Cambados e o seu partido.

Publicación.-A sentencia que precede foi lida pola xuíza que o subscribe, estando celebrando audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

En virtude do acordado nos autos de referencia, de conformidade co disposto nos artigos 156.4º e 164 da Lei 1/2000, de axuizamento civil, polo presente notifícase a Construcciones y Reformas Salnés, S.L.

Cambados, 9 de xullo de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado