Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2003 Páx. 585

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se relaciona acordo de liquidación derivado de acta de desconformidade pendente de notificar e se empraza o interesado que se sinala para ser notificado por comparecencia (Francisco Javier Gómez Sánchez).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase acordo de liquidación derivado de acta de desconformidade pendente de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Inspección da Delegación Territorial da Coruña, en aplicación do artigo 60 do Real decreto 939/1986, do 25 de abril, polo que se aproba o Regulamento xeral da inspección de tributos

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, perante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na praza de Pontevedra nº 22, na Coruña, das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 8 de xaneiro de 2003.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

ANEXO

Interesado: Francisco Javier Gómez Sánchez.

DNI: 32398335.

Domicilio: avda. dos Mallos, 87-5º A, A Coruña.

Procedemento: imposto sobre sucesións e doazóns.

Exp.: 1/2002.

Doc.: 00436-0539.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA