Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 143

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de auto de aclaración de sentencia (213/2002).

Eu, Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 213/2002, por instancia de Edison Fabricio Alarcón Hermida e outros contra a empresa Promogas, 2010 S.L. e outros sobre despedimento, nos que recaeu auto de aclaración de sentencia en data que copiada nos particulares necesarios di así:

Parte dispositiva: S.Sª. acorda modifica-la decisión da resolución recorrida que quedará do teor literal seguinte: que estimando a demanda promo

vida por Edison Fabricio Alarcón Hermida, Fernando Javier Medina Sol e Franklin Rubén Martínez Barrero, contra la empresa Promogas 2010, S.L., Tindigas, S.L., Diz Gas 40, S.L. e Agustín Pardiñas Blanco debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado ós actores na data 15 de febreiro de 2002 condenando as demandadas Promogas 2010, S.L., Tindigas, S.L. e Diz Gas 40, S.L., a que no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión dos traballadores nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ó aboamento da cantidade de 2.576,13 euros no concepto de indemnización a Edison Fabricio Alarcón Hermida, 2.053,99 euros a Fernando Javier Medina Sol e 1.735,86 euros a Franklin Rubén Martínez e ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a data desta resolución que ascenden á suma de 5.889,94 euros para Franklin Rubén Martínez Barrero, e para Fabricio Alarcón e Fernando Javier

Medina Sol ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata o 11 de abril de 2002, data na que comezaron a prestar servicios para outra empresa a razón de 28,047 euros día. Absolvendo a Agustín Pardiñas Blanco de tódolos pedimentos contidos naquela.

Así por esta miña sentencia contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte ó da súa notificación, anunciando o propósito de interpoñelo mediante comparecencia ou por escrito, sendo indispensable que no momento de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este xulgado do social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5.605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse conta-la responsabilidade solidaria do avalista, sen este requisito non poderá terse pon anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría no

momento de interpoñe-lo recurso, declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así por esta miña sentencia da que se unirá xustificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento xulgado, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tindigas, S.L: expido e asino esta cédula na Coruña o trece de novembro de dos mil dos.

A secretaria xudicial

Rubricado