Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 3 Martes, 07 de xaneiro de 2003 Páx. 144

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 6 de novembro de 2002, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Construcciones Rojo Veiga, S.L. e seis máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio, comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, emprázanse os interesados ou os seus representantes para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde ó seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida dende o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 6 de novembro de 2002.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

INTERESADONIFDATA

DILIX.

DESCRICION

DO BEN

CONSTRUCCIONES ROJO VEIGA, S.L.B1535215616-7-2002VEHICULO MATRICULA C-0267-BG
LATA RILO, LUIS32379116S15-10-2002VEHICULO MATRICULA C-9912-BJ
MARTINEZ MOLEDO, JESUS33239533W16-10-2002PREDIO 14626.0; REG. PROP. NOYA
NAEVAEZ PAIS, ROSA MARIA33239533W16-10-2002PREDIO 14626.0; REG. PROP. NOYA
NOVAIS SUAREZ, M DEL CARMEN33205664N23-10-2002PREDIO 19376.0; REG. PROP. NEGREIRA

INTERESADONIFDATA

DILIX.

DESCRICION

DO BEN

PENELA GARCIA, MANUEL AMARO33205664N23-10-2002PREDIO 19376.0; REG. PROP. NEGREIRA
VAZQUEZ ALONSO, FRANCISCO JESUS32441741B21-10-2002VEHICULO MATRICULA C-1916-BS