Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 77

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se ordena a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 5 de decembro de 2002, polo que se aproba definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 28.5º del Decreto 80/2000, do 23 de maio, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, esta dirección xeral dispón que se publique no DOG o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 5 de decembro de 2002, da que a parte dispositiva é o seguinte texto literal:

«1. Aprobar definitivamente a modificación do proxecto sectorial de incidencia supramunicipal do Plan Eólico de Galicia.

2. O planeamento dos concellos afectados queda vinculado ás determinacións contidas nos proxectos sectoriais.

Consecuentemente, non se requirirá autorización urbanística previa para as instalacións incluídas nos proxectos sectoriais que aprobe o Consello da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas