Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 77

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 11 de novembro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se comunica proposta de resolución do expediente sancionador Secretaría 275/2002.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que a continuación se relaciona a proposta de resolución do expediente sancionador instruído pola Delegación Provincial da Coruña, por incumprimento da Lei 14/1986, do 25 abril, xeral de Sanidade, e o Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor.

A partir do día seguinte ó da publicación deste acordo, en virtude do disposto no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, dispón do prazo de 15 días para presentar alegacións.

Expediente sancionador Secretaría 275/2002.

Denunciado/a: Novas y Mar Especialidades, S.L.

DNI/CIF: B-15738867.

Último enderezo coñecido: Os Muíños de Naia. Os Campóns, 4. Cambre.

Cualificación da infracción: leve.

Importe da sanción: seiscentos un euros cun céntimo.

A Coruña, 11 de novembro de 2002.

Mª Blanca García Varela

Delegada provincial de A Coruña