Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 77

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 13 de decembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se aproba a modificación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 14/2001 A.T.).

Visto o expediente para o outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a seguir se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Energías Especiales, S.A.

Domicilio social: rúa Betanzos, 1-1º A Coruña.

Título: modificación do proxecto L.A.T. a 66 kV. Parque eólico de Pena Armada, subestación de Friol.

Situación: Friol.

Características técnicas: liña eléctrica soterrada de alta tensión a 66 kV, para interconexión do parque eólico de Pena Armada á subestación eléctrica de Friol, de 528 metros de lonxitude composta por un circuíto cun conductor por fase R.H.Z. 1 directamente soterrada.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-la modificación do proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

Lugo, 13 de decembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo