Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 75

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (786/2002).

Jaime Balado Yáñez, secretario xudicial do Xulgado do Social número dous da Coruña, dou fe e testemuño que nos autos seguidos perante este xulgado do social tramitados baixo o número 786/2002 contra Construcciones sobre despedimento, dictouse a seguinte sentencia:

Sentencia.-A Coruña, vintecinco de novembro de dous mil dous.

Jorge Hay Alba, maxistrado-xuíz do Xulgado do Social número dous desta cidade, viu os presentes autos de xuízo 786/2002, seguidos por instancia de Juan Francisco Centoira Freire, maior de idade, asistido polo letrado Felipe Martínez Ramonde, contra a empresa Construcciones Fergama, S.L., que non compareceu nos autos e o Fondo de Garantía Salarial, representado e asistido pola letrada Enma Pérez Díez del Corral sendo o obxecto da reclamación despedimento.

Seguen feitos e fundamentos xurídicos.

Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Juan Francisco Centoira Freire coa intervención do Fondo de Garantía Salarial, debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado pola empresa Construcciones Fergama, S.L. e declaro a extinción da relación laboral das partes, e condeno a empresa demandada a aboar ó demandante a cantidade de 31.481, 64 euros de indemnización.

Notifíqueselles esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Galicia, anunciándose ante este xulgado no prazo de cinco días a contar a partir da notificación desta sentencia, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio da xustiza gratuíta deberá ó anuncialo entrega-lo xustificante acreditativo de consignación da cantidade obxecto da condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta o BBV desta cidade co número de conta 5603 clave 60, facendo constar no ingreso o número do expediente.

E así mesmo deberá no momento de interpo-lo recurso consigna-la cantidade de 25.000 pesetas en concepto de depósito na clave 65 da citada conta e expediente.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mandoo e asínoo».

E para que sirva de notificación á empresa Fergama, S.L. mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, que ten o seu enderezo descoñecido, expido e asino esta cédula na Coruña, vintecinco de novembro de dous mil dous.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA