Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 75

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CORRECCIÓN de erros.-Cédula do 24 de outubro de 2002, da Subdirección Xeral de Inspección de Transportes, pola que se notifican as resolucións recaídas nos expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios ou ben porque intentada a notificación non se puido efectuar (expediente PO-00071-O-2002 e trinta e dous máis).

Advertidos erros no texto da citada cédula publicada no DOG nº 224 do mércores, 20 de novembro de 2002, é preciso face-las oportunas correccións.

Nas páxinas 16.204, 16.205 e 16.206, no texto da 1ª columna, onde fai referencia o nº de expediente, en cada un dos ditos números di: «OU»; debendo dicir: «O». (Por exemplo onde di: «PO-00071-OU-2002»; debe dicir: «PO-00071-O-2002» e así en tódolos números de expediente da mencionada cédula).