Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 75

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 3 de decembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se notifica a resolución do recurso de alzada número V-2002/0256, interposto contra a resolución do director xeral do 22 de marzo de 2002 do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ó interesado, co último domicilio coñecido en Lugar Poi, nº 27, Castiñeiras-Ribeira-15966 A Coruña, a resolución do recurso de alzada número V-2002/0256 interposto contra a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, de data 22 de marzo de 2002, da que a parte dispositiva di:

Na súa virtude,

RESOLVO:

Desestima-lo recurso de alzada número V-2002/0256 presentado por Mª Laura Teira Rodríguez contra a resolución dictada o 22 de marzo de 2002, polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS), na que se acorda o arquivo na subvención a fondo perdido para rehabilitación de vivendas no medio rural de Galicia da vivenda situada en Poi, 27-Castiñeiras no Concello de Ribeira do expediente C-VR-0018/01; resolución que se confirma.

Contra esta resolución, que se transcribe definitiva en vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, de conformidade cos artigos 8 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto no artigo 46.1º da citada Lei 29/1998.

E para que conste y lles sirva de notificación ós interesados, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2002.

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda