Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 76

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/478-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: recuamento L.M.T., C.T. e R.B.T. Porráns.

Situación: concello de Barro.

Descricións técnicas: L.M.T. subterránea, a 20 kV, de 71 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde o apoio C 2000/16, que se vai colocar, ata o C.T. que se proxecta en Porráns, no concello de Barro, de 250 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V. R.B.T. aérea, de 160 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z. R.B.T. subterránea, de 44 m de lonxitude, con conductor tipo R.V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 21 de novembro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra