Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 76

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se realiza a publicidade da Resolución do 14 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se revisa a declaración de impacto ambiental do proxecto da mina Conchitina.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1992, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro) de avaliación de impacto ambiental para Galicia, o delegado provincial da Consellería de Industria e Comercio de Lugo

RESOLVE:

Dar publicidade mediante a presente publicación, á Resolución do 14 de outubro de 2002, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se revisa a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación, avaliación de impacto ambiental e proxecto de restauración da mina Conchitina, no concello do Vicedo (Lugo)e promovido por Cuarzos Industriales, S.A.

Con data 6 de setembro de 2002 (rexistro nº 18041) ten entrada no rexistro da Consellería de Medio Ambiente escrito da empresa promotora no que se solicita que se modifique a listaxe das coordenadas UTM, alegando un erro na listaxe presentada no seu día.

Á vista da documentación presentada, e unha vez comprobadas as novas coordenadas UTM, a citada consellería resolve incluí-la superficie total alterada no perímetro delimitado polas seguintes coordenadas extremas: en x, 606815 e 605782, en y, 4841030 e 4839056, (do polígono norte); en x, 607037 e 607295, en y, 4837863 e 4838049, (do polígono sur); foi incorporada ós expedientes da concesión Conchitina, nº 4980, as sús demasías e ó da concesión derivada do permiso de investigación Conchitina 2, nº 5701 e encóntrase ó dispor de calquera interesado nesta delegación provincial.

Lugo, 12 de novembro de 2002.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo