Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 74

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (165/2001).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 165/2001, seguidos ante este xulgado por falta de respecto ós axentes da autoridade, se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 25 de febreiro de 2002.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os presentes autos de xuízo verbal de faltas nº 165/2001, seguidos neste xulgado sobre falta de respecto ós axentes da autoridade, nos que son partes, ademais do Ministerio Fiscal, o denunciado Antonio Puig Sandoval.

(Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito).

Decido que debo condenar e condeno a Antonio Puig Sandoval, como autor dunha falta de respecto ós axentes da autoridade, á pena de multa de vinte días, fixando o importe da cota diaria da pena de multa na contía de tres euros, sinalando a responsabilidade persoal subsidiaria dun día de privación de liberdade por cada dúas cotas diarias non satisfeitas.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado, para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e que lle sirva de notificación en forma ó denunciado Antonio Puig Sandoval, actualmente en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, vinteséis de novembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado