Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 74

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de notificación (203/2001).

María Begoña Arroyo Martín, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis de Santiago de Compostela e o seu partido, dou fe de que nos autos de xuízo de faltas número 203/2001, seguidos ante este xulgado por ameazas, se dictou sentencia, cun encabezamento e parte dispositiva do teor literal seguinte:

«En Santiago de Compostela, 13 de setembro de 2002.

José Gómez Rey, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número seis deste partido, pronuncia a seguinte sentencia:

Vistos os autos de xuízo verbal de faltas número 203/2001, seguidos neste xulgado sobre ameazas, nos que son partes a denunciante María Peregrina López Dapena e o denunciado Ramón Javier Meijide Castro.

(Seguen antecedentes de feito, feitos probados e fundamentos de dereito).

Decido que debo absolver e absolvo libremente a Ramón Javier Meijide Castro da falta de ameazas pola que foi denunciado, declarando de oficio as custas procesuais.

Contra esta resolución cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado para ante a audiencia provincial, no prazo de cinco días a partir do seguinte ó da súa notificación, na forma que dispoñen os artigos 795 e 796 da Lei de axuizamento criminal. Así, por esta miña sentencia, da que se levará certificación literal ós autos, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e que lle sirva de notificación en forma á denunciante María Peregrina López Dapena, actualmente

en paradoiro descoñecido, expido, asino e selo esta cédula en Santiago de Compostela, vintecinco de novembro de dous mil dous.

A secretaria xudicial

Rubricado