Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 73

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE RIBEIRA

EDICTO (367/2002).

María Luisa Cobas Martínez, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Ribeira, A Coruña, fai saber que conforme o ordenado polo xuíz deste xulgado no expediente promovido pola procuradora Ramos Picallo, en nome e representación de Frigoríficos Rías de Galicia, S.A., dedicada á conservación, explotación, industrialización, comercialización, importación e exportación, por calquera medio ou procedemento admitido legalmente de productos alimenticios para o consumo humano e animal e fertilizantes para uso vexetal, así como a captura, pesca e cultivo, industrialización e comercialización de especies acuáticas de todas clases, mediante buques, parques, viveiros e instalacións necesarias para a

súa explotación comercial, domiciliada no lugar de Xarás, parcela nº 10, Ribeira (A Coruña), por medio deste edicto faise público que por providencia desta data se tivo por solicitada en forma a declaración en estado de suspensión de pagamentos da mencionada entidade, acordándose a intervención de tódalas súas operacións, nomeándose interventores a Juan Salle Barreiro Pérez e Enrique Ángel Barros López, auditores e como interventor acreedor ó Banco Popular.

Dado en Ribeira o trece de novembro de dous mil dous.

María Luisa Cabas Martínez

Secretaria

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO SEIS

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA