Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 2 Venres, 03 de xaneiro de 2003 Páx. 73

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

AUDIENCIA PROVINCIAL DA CORUÑA (SECCIÓN TERCEIRA)

EDICTO (779/1994).

Carmen Diéguez Camarón, secretaria da sección terceira da Audiencia Provincial, certifico que neste recurso número 173/1999, dimanante dos autos de incidentes 779/1994, do Xulgado de Primeira Instancia número seis da Coruña, dictouse sentencia que ten como encabezamento e parte dispositiva o teor literal seguinte: Auto. O presidente Juan Ángel Rodríguez Cardama, os maxistrados Rafael Jesús Fernández Porto García, María del Carmen Mosquera Rodríguez, na Coruña, dezaoito de setembro de dous mil un. Visto en grao de apelación ante esta sección 3ª da Audiencia Provincial da Coruña, os autos de

incidente testamentaría número 779/1994, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia numero seis da Coruña, ós que correspondeu o rolo 173/1999, nos que aparece como parte apelante Josefa Cañás Fernández e Carmen Prego Cañás, representadas pola procuradora María del Mar Uriarte González Camino, e asistido polo letrado Vitorino Fuentes Martínez, e como apelado José Cañás Fernández representado polo procurador Mariano Valiente García, asistido polo letrado Julio Naveira Montero, e sendo parte apelada o Ministerio Fiscal. E como demandadas apelada non comparecidas nesta instancia Luisa Cañás Fernández e María Luisa Rey Cañás. E en situación procesual de rebeldía Manuel Cañás Fernández, Luciano e José Luis Rey Cañas, José y Roberto Castro Cañás, José Manuel Veiga Castro, Aurora Rey Cañás e Carmen Pardo Morales; sobre acumulación de autos.

A sala acorda: desestima-lo recurso de apelación interposto contra o auto do 29 de outubro de 1998, en autos número 779/1994, do Xulgado de Primeira Instancia número seis da Coruña, resolución que, en consecuencia se mantén; sen especial pronunciamento sobre as custas de esta alzada.

Así, por esta auto, acórdano, mándano e asínano os arriba referenciados. Asinado: Juan Ángel Rodríguez Cardama, Rafael-Jesús Fernández-Porto García, María del Carmen Mosquera Rodríguez.

Asinado e rubricado. E para a súa publicación no BOP, co fin de que sirva de notificación ós demandados non comparecidos e rebeldes Manuel e Luisa Cañás Fernández, Luciano e José Luis Rey Cañás, María Luisa Rey Cañás, José Castro Cañás, Roberto Castro Cañás, José Manuel Veiga Castro, Aurora Rey Cañás e Carmen Pardo Morales, estendo e expido o presente edicto na Coruña, o vinteseis de novembro de dous mil dous.

María del Carmen Diéguez Camarón

Secretaria xudicial

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS

DE RIBEIRA