Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 6

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 23 de decembro de 2002 pola que se aproba o Plan de Inspección Sanitaria para o ano 2003.

A Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, de creación do Servicio Galego de Saúde, no seu artigo 4 regula as competencias que lle corresponden á Consellería de Sanidade e, entre elas, na letra m) atribúelle a inspección sanitaria do Sergas, sen prexuízo das competencias da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

O Decreto 126/1992 de 14 de maio, sobre ordenación das funcións de inspección da Comunidade Autónoma de Galicia referenda as ditas atribucións e establece o desenvolvemento das actividades encomendadas á Inspección Sanitaria pola lexislación vixente en materia de accidentes de traballo, enfermidades profesionais, incapacidade temporal, empresas colaboradoras coa Seguridade Social, mutuas aseguradoras, salas de primeiros auxilios e servicios médicos dos servicios de prevención das empresas.

Tamén establece a necesidade de avalia-la actuación dos centros, servicios e establecementos sanitarios tanto desde o punto de vista da calidade da asistencia prestada coma do gasto realizado e do grao de cumprimento dos obxectivos que se lles marquen ós centros.

Regula, así mesmo, o exercicio da tutela, control e avaliación eficiente sobre tódolos centros, servicios, establecementos e prestacións sanitarias de titularidade pública ou privada da Comunidade Autónoma de Galicia.

E, finalmente, a inspección e control de todos aqueles aspectos de atención sanitaria recollidos como dereitos dos usuarios na Lei xeral de sanidade.

O Decreto 44/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade, estipula que á Inspección Sanitaria lle corresponde o exercicio das actuacións de inspección non relativo ós centros, servicios e establecementos sanitarios públicos e pri

vados que desempeñen a súa actividade no ámbito da Comunidade Autónoma, así como, neste contexto, a avaliación das súas actividades, con especial atención ás prestacións do sistema sanitario público.

O dito decreto establece, así mesmo, que á Inspección Sanitaria lle corresponde a acreditación de centros, establecementos e servicios sanitarios na Comunidade Autónoma de Galicia.

Tendo en consideración o exposto, e que para levar a cabo as actividades de inspección é imprescindible dispoñer dos recursos humanos suficientes e con formación adecuada, utilizaranse de maneira integral e coordinadamente tódolos efectivos dos que poida dispoñe-la Consellería de Sanidade co fin de cumprir adecuadamente os obxectivos fixados.

O Plan de Inspección Sanitaria para o ano 2003 elaborouse seguindo unha liña continuista e de consolidación das actividades reflectidas nos plans de inspección sanitaria dos últimos anos. Igualmente, tivéronse en conta os cambios producidos e as novas tendencias que xorden non ámbito da actividade sanitaria, orientándose así mesmo cara a un papel incentivador e de colaboración ó mesmo tempo, respecto ós cometidos de xestión que lle competen ó Servicio de Saúde.

As actividades da Inspección Sanitaria de forma global débense considerar como garantía da eficacia-eficiencia do sistema sanitario.

Na actualidade continúa tendo unha importancia e relevancia transcendentais a loita contra a fraude, centrada especialmente no control da incapacidade temporal e na prestación farmacéutica, evitando dese modo as posibles desviacións que se poidan producir nas ditas prestacións básicas. Así mesmo, neste punto e pola crecente tendencia alcista producida nos últimos anos, procede incrementa-las actuacións específicas de control e seguimento da incapacidade temporal nos colectivos de persoal dos centros propios do Sergas e da Xunta de Galicia.

Por outra banda, de conformidade co establecido no artigo 10 do Decreto 44/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica dos servicios centrais da Consellería de Sanidade, e co obxecto de conformar un marco xeral aplicable a tódalas funcións de inspección atribuídas á dita consellería, resulta conveniente seguir incluíndo, tal e como xa se fixo nos catro últimos anos, nesta orde, un epígrafe específico dedicado á inspección no ámbito da saúde pública.

Por todo eso, conforme o establecido no artigo 5 do Decreto 126/1992, do 14 de maio, sobre ordenación das funcións de inspección de servicios sanitarios, e no artigo 10 do Decreto 44/2002, do 8 de febreiro, por proposta do secretario xeral,

DISPOÑO:

Artigo único.-Apróbase o Plan de Inspección Sanitaria para o ano 2003, que figura como anexo a esta orde.

Os servicios de Inspección Sanitaria das direccións provinciais do Sergas remitiranlle, antes do 31 de

xaneiro do ano 2004, á Secretaría Xeral da Consellería de Sanidade, a memoria anual das actividades dos seus respectivos ámbitos competenciais; a dita memoria anual de actividades da Inspección Sanitaria correspondente ó ano 2003 confeccionarase de acordo cos resultados obtidos respecto das actuacións incluídas no plan que se aproba.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2002.

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO

I. Ámbito da incapacidade temporal (I.T.) e da saúde laboral.

-Actuacións incluídas no programa específico de reducción da taxa global de absentismo por I.T. (T.G.A.) do persoal de centros propios do Sergas, e aplicación, adecuación e seguimento das medidas de optimización do dito programa.

-Optimización e consolidación do sistema de información do aplicativo de I.T. no relativo a mantemento correctivo e evolutivo das aplicacións de soporte operacional, e implantación dun sistema de análises complexas que permita aborda-las necesidades de análises, informes dinámicos e consultas nas explotacións do aplicativo de I.T.

-Seguimento e control do deseño, planificación e implantación dunha solución web orientada á informatización da formalización dos partes de baixa e alta, con funcionalidades para seguimento dos procesos nos centros de saúde, de comunicación coa inspección, e de remisión on-line de partes de baixa/alta ó INSS.

-Consolidación do desenvolvemento das actuacións de seguimento derivadas das funcións dos coordinadores de I.T. das xerencias de atención primaria e potencia-la colaboración cos ditos coordinadores por parte das unidades de saúde laboral do Sergas.

-Establecer conxuntamente coas xerencias de atención primaria, os sistemas de control e xestión documental da I.T. por parte dos facultativos prescritores.

-Realización de cursos de formación dirixidos a médicos de atención primaria para a actualización na xestión, seguimento e control da incapacidade temporal (5ª fase-4 edicións, 80 facultativos).

-Aplicación e seguimento do convenio de control sanitario de I.T., que subscribirá a Comunidade Autónoma co INSS, non marco do financiamento dos servicios sanitarios.

-Subprograma específico de reducción da taxa global de absentismo (T.G.A.) do persoal da Xunta de Galicia.

-Subprograma de reducción da taxa global de absentismo (T.G.A.) da poboación en xeral.

-Desenvolvemento de actividades dirixidas á optimización da prescrición, no relativo á formalización da documentación clínico-laboral, e indicadores mediante entrevistas e remisión de información ós facultativos de atención primaria, priorizándose as entrevistas cos facultativos que presenten desviacións nos seus indicadores.

-Responder nos prazos legais establecidos ó 100% das propostas de alta emitidas polas entidades xestoras e ó 100% das intencións de alta, regulados no R.D. 1117/1998.

-Tramitación e contestación do 100% das reclamacións de empresas relacionadas cos procesos de I.T. dos seus traballadores.

-Selección e revisión de tódolos procesos de I.T. ó acada-la duración estándar, e revisión e informe de tódolos procesos nos prazos regulamentariamente establecidos.

-Seguimento da carteira de servicios que no futuro se concerte coas mutuas ou outras entidades interesadas no control da I.T.

-Seguimento e canalización dos acordos que se subscriban entre o Sergas e o INSS para a realización de probas diagnósticas e informes médicos.

-Verificación do mantemento das condicións de autorización sanitaria nos servicios de prevención das empresas que teñen concedida a asistencia médico-farmacéutica.

-Estudio, deseño e implantación dun sistema de información e análises dos informes e memorias de absentismo por continxencias comúns dos servicios de prevención das empresas.

-Consolidación do Programa de inspección e avaliación en materia de prevención de riscos laborais na especialidade de medicina do traballo:

a) Servicios de prevención alleos.

-Verificación do mantemento das condicións de autorización sanitaria.

-Avaliación da actividade sanitaria desenvolvida.

-Subprograma especial de verificación da non subcontratación da actividade sanitaria básica.

b) Servicios de prevención propios.

-Continuación da elaboración dun censo de servicios de prevención propios existentes na Comunidade Autónoma.

-Verificación do mantemento das condicións de autorización sanitaria.

-Avaliación da actividade sanitaria desenvolvida.

-Avaliación do cumprimento dos criterios das auditorías preceptivas realizadas para a súa aprobación.

c) Realización das inspeccións e informes de actividades sanitarias dos servicios de prevención, tanto propios como alleos, para a súa autorización sanitaria. Fíxase en 15 días como máximo o prazo para

que as unidades de saúde laboral emitan estes informes.

d) Establecer sistemas de xestión e coordinación dos servicios de prevención coa rede asistencial pública: rexistro de servicios, dotación dos servicios, sistema de información sanitaria dos servicios e coordinación deles coa Administración sanitaria e o Sergas.

II. Ámbito da prestación farmacéutica.

-Inspección e control do correcto cumprimento dos datos recollidos nas receitas oficiais da prestación farmacéutica do Servicio Galego de Saúde, para que sexan correctamente dispensadas ó público, así como a súa facturación polas oficinas de farmacia, en execución do concerto vixente para a prestación farmacéutica entre o Servicio Galego de Saúde e as oficinas de farmacia legalmente establecidas en Galicia.

-Continuación do programa de inspección e verificación da presencia e actuación profesional de persoal farmacéutico nas oficinas de farmacia abertas ó público. Subprograma de verificación de que os servicios de garda das oficinas de farmacia se realizan nas condicións previstas no artigo 4º do Decreto 342/1999, do 16 de febreiro, da Consellería de Sanidade, sobre horarios, quendas de urxencia e vacacións das oficinas de farmacia.

-Comprobación da adaptación das actividades das oficinas de farmacia e servicios farmacéuticos que elaboren ou pretendan elaborar fórmulas maxistrais e preparados de acordo co establecido no Real decreto 175/2001, do 23 de febreiro, polo que se aproban as normas de correcta elaboración e control da calidade de fórmulas maxistrais e preparados oficinais. Elaboración no transcurso do 1º trimestre do ano 2003 dun protocolo de verificación das ditas normas, previa ás inspeccións que se van realizar durante o 2º semestre.

-Continuación do programa de verificación do cumprimento das prácticas de correcta distribución de medicamentos e productos sanitarios localizados en Galicia.

-Verificación do cumprimento das normas de correcta fabricación de medicamentos de uso humano, polos laboratorios farmacéuticos instalados en Galicia.

-Revisión e adaptación da Circular 5/2001, do 3 de outubro, de autorización de uso de receitas oficiais do Sergas, trala experiencia adquirida desde a súa implantación.

-Participación nas actividades programadas pola Axencia Española do Medicamento en relación coa inspección de boas prácticas clínicas, de farmacovixilancia e laboratorio.

-Participación nas campañas de control de calidade de medicamentos da Axencia Española do Medicamento, para a verificación dos estándares de calidade fixados na autorización de comercialización das especialidades farmacéuticas.

-Inspección dos depósitos de medicamentos existentes nos centros sociosanitarios e dos depósitos de medicamentos de plantas de hospitalización dos hospitais na provincia de Ourense.

-Revisión e adaptación da Circular 5/2001, do 3 de outubro, de autorización de uso de receitas oficiais do Sergas, trala experiencia adquirida desde a súa implantación.

III. Ámbito de concertos.

-Realización dun informe sobre o cumprimento da Lei 41/2002, reguladora da autonomía do paciente e de dereitos e obrigas en materia de información e documentación clínica, sobre o contido da historia clínica de pacientes enviados a centros concertados na provincia da Coruña.

-Estudio retrospectivo das revisións poscirúrxicas nos seis meses seguintes á intervención, nos pacientes intervidos nos centros concertados San Rafael e Santa Teresa da Coruña e na especialidade de cirurxía vascular (arteriais).

-Realización dun estudio no Centro Oncolóxico de Galicia, sobre o total de ingresos por toxicidade producidos, distinguindo a porcentaxe dos derivados por aplicación de quimioterapia dos ingresados por toxicidade de radioterapia.

-Estudio cuantitativo do gasto realizado en derivacións a centros concertados e privados non concertados (de fóra da provincia) no ano 2002 nas catro provincias da Comunidade Autónoma.

-Control e seguimento da prestación de servicios socio-sanitarios concertados nas áreas de saúde de Pontevedra e Vigo.

-Control e seguimento dos concertos establecidos na área de saúde de Pontevedra para:

a) Realización de procesos asistenciais de traumatoloxía urxentes derivados do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

b) Realización de procesos de cirurxía potencialmente ambulatoria derivados de listas de espera do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

c) Realización de procesos asistenciais de pacientes procedentes de lista de espera do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

d) Realización de procesos asistenciais médicos a pacientes procedentes do Complexo Hospitalario de Pontevedra.

-Control e seguimento dos concertos establecidos na área de saúde de Pontevedra sur para a realización de procesos asistenciais médico-cirúrxicos a pacientes da Seguridade Social protexidos polo Servicio Galego de Saúde.

-Control e seguimento da actividade e facturación das prestacións sanitarias derivadas a centros concertados para tratamentos de fisioterapia, logopedia, atención temperá, e a discapacitados por enfermidades neurolóxicas, hemodiálise e diálise peritoneal

ambulatoria continua, terapia respiratoria a domicilio na provincia de Pontevedra.

-Avaliación do CMBD polo informe de alta, en tódolos centros concertados da provincia de Pontevedra.

-Avaliación da calidade asistencial nos centros concertados da provincia de Pontevedra a través da análise da historia clínica, e estudio da formalización do consentimento informado.

-Control e seguimento do contrato-programa entre o Servicio Galego de Saúde e a Fundación Pública Hospital do Salnés para a prestación de asistencia sanitaria a beneficiarios da Seguridade Social.

-Control e seguimento do convenio entre o Servicio Galego de Saúde e a sociedade pública autonómica Instituto Galego de Medicina Técnica (Medtec).

-Control e seguimento do concerto singular do 29 de decembro de 2000, establecido entre o Servicio Galego de Saúde e o Policlínico Vigo, S.A. (Povisa), para a prestación de asistencia sanitaria especializada ós beneficiarios da Seguridade Social.

-Estudio e seguimento das derivacións efectuadas polos odontólogos de atención primaria ó servicio de maxilofacial concertado, durante o 1º trimestre do ano 2003.

-Control e seguimento das derivacións, demoras e intervencións realizadas polos especialistas de cupo nos centros concertados de Polusa e Nsog.

-Seguimento e control da calidade dos servicios prestados en centros concertados da provincia de Ourense no que respecta á inclusión do consentimento informado na historia clínica, á codificación dos informes de alta e á inclusión na historia clínica do protocolo de seguimento das úlceras de presión.

-Programa especial de seguimento dos seguintes concertos singulares:

a) Fundacións públicas.

b) Povisa.

c) Medtec.

d) Hospital Xeral de Ferrol.

e) Centro Oncolóxico de Galicia.

incluíndo de maneira específica a designación dun responsable das unidades de concertos das direccións provinciais do Sergas para efectua-lo dito seguimento, e o deseño de protocolos para a avaliación dos contratos-concertos.

IV. Ámbito das prestacións sanitarias, incluíndo a tutela dos dereitos dos usuarios e a mellora da calidade asistencial.

-Continua-lo programa especial de inspeccións periódicas dos vehículos de ambulancias, incluídas no novo modelo de transporte sanitario programado, co obxecto de comproba-lo cumprimento dos requisitos contidos na normativa vixente.

-Iniciar e avalia-la posta en funcionamento do programa informático de transporte sanitario programado.

-Avaliación da calidade do transporte sanitario non urxente, tanto individual coma colectivo, mediante a explotación dos datos recollidos no programa informático, verificando a correcta formalización e correspondencia dos datos e posterior análise deles.

-Avaliación da calidade do transporte sanitario non urxente, mediante a realización de enquisas ós usuarios e visitas de inspección, para verifica-lo cumprimento da prescrición polo que respecta ós horarios e tipo de transporte.

-Continua-lo contacto periódico cos servicios e médicos prescritores do transporte sanitario programado para o óptimo cumprimento da programación do servicio.

-Avaliación do grao de cumprimento ó longo do ano 2003 da nova circular de transporte sanitario non urxente (Circular 4/2002).

-Control e seguimento por parte de tódalas direccións provinciais do Sergas das facturacións dos servicios de transporte sanitario.

-Elaboración conxunta Inspección Sanitaria-servicios de Neumoloxía de hospitais do Sergas dun protocolo de seguimento e control dos pacientes con terapias respiratorias domiciliarias na provincia de Pontevedra.

-Continuación e seguimento do programa de control do grao de cumprimento por parte dos pacientes dos tratamentos domiciliarios con terapias respiratorias na Comunidade Autónoma.

-Avaliación e seguimento do procedemento de reintegro de gastos de asistencia sanitaria na medicina privada. Realización por parte da Inspección Sanitaria dos informes-proposta destes expedientes de reintegro de gastos nun prazo máximo de sete días.

-Continuación do estudio e análise funcional, sanitaria e económica das próteses cirúrxicas fixas en tódolos hospitais, tanto os propios do Sergas coma os concertados.

-Continuación da posta en marcha na Comunidade Autónoma dun protocolo de procedemento de tramitación de reclamacións asistenciais.

-Contesta-lo 100% das reclamacións asistenciais presentadas nas direccións provinciais do Sergas nun prazo de tempo non superior a 15 días.

-Programa especial de inspección, seguimento e control da prestación ortoprotésica no que respecta a productos ortoprotésicos do catálogo xeral, productos ortoprotésicos da unidade de lesionados medulares e productos ortoprotésicos das unidades de atención temperá.

-Programa especial de redistribución ós usuarios de cadeiras de rodas devoltas.

-Axiliza-la conformación das facturas da prestación ortoprotésica ata acada-la súa actualización mensual, e mante-la dita actualización ó longo de todo o ano 2003.

-Deseñar un manual de organización e funcionamento dos servicios de Inspección e Asistencia Sanitaria no que se conteñan as tarefas, protocolos e procedementos de actuación nas funcións do servicio e unidades dependentes; comezarase no ano 2003 polas actividades propias do servicio: xestión das reclamacións asistenciais e tramitación das reclamacións patrimoniais, informacións previas, autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios e reintegros de gastos pola asistencia sanitaria na medicina privada.

-Deseñar circuítos e pautas de actuación uniformes para a atención dos usuarios que acudan ás instalacións dependentes do Servicio de Inspección e Asistencia Sanitaria das direccións provinciais do Sergas a solicitar información, actuacións, ou presentar algunha queixa oral, co obxecto de garanti-los seus dereitos.

V. Ámbito da acreditación sanitaria e da autorización e avaliación de centros sanitarios.

-Consolidación do programa especial de acreditación sanitaria de centros hospitalarios tanto públicos e concertados coma privados na Comunidade Autónoma de Galicia. Realización de auditorías.

-Constitución dun grupo de traballo para proceder á revisión e actualización dos criterios e estándares do protocolo de acreditación hospitalaria.

-Realización de inspeccións dos centros sanitarios públicos e privados de reproducción humana asistida.

-Avaliación da carteira de servicios de tódolos centros do Sergas tanto de atención primaria coma de atención especializada, trala aprobación por parte do Sergas para as xerencias das ditas carteiras de servicios.

-Inicia-la avaliación protocolizada dos servicios asistenciais nos que se detecta unha maior problemática, de acordo co contido das reclamacións asistenciais e patrimoniais: servicios de cirurxía xeral, plástica e maxilofacial; servicios de traumatoloxía e ortopedia; servicios de reumatoloxía; servicios de urxencia.

-Valoración da actividade de consultas externas dos hospitais e centros de especialidades da Comunidade Autónoma, e análises das axendas en relación coas listas de espera.

-Continuación da avaliación e estudio sanitario e económico da actividade en RMN e TAC en tódolos hospitais do Sergas e no Medtec.

-Continuación da avaliación da actividade de telerradioloxía en tódolos centros do Sergas nos que estea implantada e desenvolvan a dita actividade.

-Inspeccións dos centros sanitarios públicos e privados en materia de extracción e implantación de órganos e tecidos.

-Inspección dos centros de rehabilitación psicosocial e laboral.

-Programa especial de inspección ós centros asistenciais da rede de drogodependencias de Galicia, incluíndo os centros do Proxecto Home-Galicia.

-Inspeccións ás oficinas de farmacia que subministran a solución de metadona a algunhas UAD da rede de PGD.

-Posta en marcha dun novo programa informático na Consellería de Sanidade de rexistro de centros, servicios e establecementos sanitarios.

-Protocolización dos procedementos de autorización de centros, servicios e establecementos sanitarios. Constitución dun grupo de traballo para a elaboración dos protocolos.

-Programa de inspeccións de seguimento e control a diferentes centros, servicios e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma. Subprograma especial de promoción de legalización administrativa de centros, servicios e establecementos sanitarios da Comunidade Autónoma. Subprogramas especiais de inspeccións e controis a establecementos de óptica e de ortopedia.

-Continuación dos programas anuais de inspeccións a establecementos balnearios.

(Actuación conxunta que se levará a cabo mediante programa de colaboración entre a Inspección de Servicios Sanitarios e a Inspección de Saúde Pública).

-Continuación do programa especial de análises, avaliación e estudio das MIPSE producidas durante o ano 2002 nos centros hospitalarios propios e concertados co Sergas.

(Actuación incluída no marco de especial colaboración entre a Inspección de Servicios Sanitarios e a Dirección Xeral de Saúde Pública).

-Programa especial de auditorías do Plan de Minimización de Riscos Microbiolóxicos nos hospitais do Sergas.

(Actuación incluída no marco de especial colaboración entre a Inspección de Servicios Sanitarios e a Dirección Xeral de Saúde Pública).

VI. Ámbito de saúde pública.

Plan de Protección da Saúde fronte a Riscos Específicos:

-Inspección hixiénico-sanitaria do 100% dos campamentos públicos de turismo (cámpings) e campamentos xuvenís, trala autorización deles por parte das consellerías de Cultura, Comunicación Social e Turismo, e de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, respectivamente.

-Inspección hixiénico-sanitaria do 100% dos centros escolares de infantil e primaria e dos centros de atención á primeira infancia que se encontren

autorizados polas consellerías de Educación, e de Familia, Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, respectivamente.

-Inspección e control hixiénico-sanitario do 100% dos establecementos de restauración colectiva de alto risco específicos.

-Inspección e control hixiénico-sanitario do 75% dos establecementos de restauración colectiva de alto risco non específicos.

-Inspección e control hixiénico-sanitario do 15% dos establecementos de restauración colectiva de baixo risco.

-Inspección do 33% dos abastecementos públicos de auga de consumo humano.

-Inspección e control hixiénico-sanitario do 100% das piscinas de uso colectivo autorizadas conforme a regulamentación aplicable.

-Inspección e mostraxe de auga do 100% das zonas de baño marítimas e continentais habilitadas no ano 2003 conforme o establecido no Decreto 240/2000, do 13 de setembro, polo que se regula a declaración de zonas de baño habilitadas na Comunidade Autónoma e demais normativa aplicable.

-Inspección e control hixiénico-sanitario das instalacións de risco de contaminación por legionella, censadas na Dirección Xeral de Saúde Pública.

-Inspección dos establecementos e servicios de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, rexistrados na Comunidade Autónoma de Galicia.

-Tramitación do 100% das redes de alerta a través do sistema de intercambio rápido de información sobre productos químicos.

Plan de Protección da Saúde fronte a Riscos Xerais:

-Inspección do 100% das industrias alimentarias suxeitas á obriga de inscrición no Rexistro Sanitario de Alimentos, para o control de instalacións, documental, hixiene e manipulación.

-Control documental diario, sempre que teñan actividade, do 100% das salas de despezamento de carnes.

-Control documental semanal do 100% dos almacéns frigoríficos de carne.

-Control documental trimestral en centros de depuración e/ou expedición e cocedoiros de moluscos bivalvos.

-Toma de mostras e análises de productos en mercado segundo programa de control sanitario de industrias de alimentación.

-Toma de mostras e análises en depuradoras e cocedoiros, tanto de bivalvos como de crustáceos, segundo programa de control sanitario de industrias de alimentación.

-Avaliación do 100% das alertas comunicadas a través do Sistema Coordinado de Intercambio Rápido de Información (SCIRI), e tramitación das que proceda.

-Cumprimento do 100% das mostraxes e análises do Plan Nacional de Investigación e Residuos.

-Inspección anual de seguimento de cemiterios, tanatorios, velatorios, crematorios e empresas funerarias.

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE