Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 5

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2002, do tribunal encargado de avalia-las probas para a obtención do certificado CE de formación para conselleiros de seguridade para o transporte de mercadorías perigosas por estrada e ferrocarril, convocadas por resolución da Dirección Xeral de Transportes do 12 de febreiro de 2002, pola que se elevan a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Publicadas o 12 de novembro de 2002 as relacións provisionais de aprobados correspondentes ás probas

de constatación profesional para a obtención do certificado CE de conselleiro de seguridade, convocadas por Resolución do 12 de febreiro de 2002, e transcorrido o prazo establecido nela para presenta-las correspondentes reclamacións, e unha vez examinadas estas, este tribunal

ACORDA:

Primeiro.-Elevar a definitivas as relacións provisionais de aprobados.

Segundo.-Expo-las devanditas relacións nos lugares establecidos para o efecto na resolución de convocatoria.

Terceiro.-Que se publique o presente acordo no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución pode interporse recurso de alzada ante o director xeral de Transportes (CPTOPV) da Xunta de Galicia, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia do presente acordo. Transcorridos tres meses desde a interposición do recurso sen que se notifique a súa resolución, entenderase desestimado e quedará expedita a vía procedente.

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2002.

Carlos A. González Rodríguez

Presidente do tribunal