Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 1 Xoves, 02 de xaneiro de 2003 Páx. 5

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2002 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia do 19 de decembro de 2002, polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade.

A necesidade de atende-las crecentes demandas do servicio de protección da sáude de Pontevedra, para desenvolver axeitadamente os programas de control que se están a levar a cabo no eido da sanidade ambiental, fan necesario modifica-la vixente relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade.

En consecuencia, por proposta da devandita consellería, consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da

Xunta de Galicia na súa reunión do dezanove de decembro de dous mil dous, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro.-Modifica-la vixente relación de postos da Consellería de Sanidade, nos termos que se sinalan no anexo ó presente acordo.

Segundo.-Ordena-la publicación da dita modificación no Diario Oficial de Galicia a efectos da súa entrada en vigor a partir do día seguinte a ela.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dezanove de decembro de dous mil dous, relativo á modificación da relación de postos de traballo da Consellería de Sanidade, coa finalidade de cumpri-lo dito acordo, dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA