Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx.

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO CATRO DA CORUÑA

CÉDULA de notificación de sentencia (573/2002).

Ana María Carrasco García, secretaria do Xulgado do Social número catro da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 573/2002 por instancia de María Begoña Prieto Gaite contra Fogar Gas, S.L. sobre salarios, nos que recaeu sentencia en data que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Fallo que estimando a demanda promovida por María Begoña Prieto Gaite contra a empresa Fogar Gas, S.L., debo declarar e declaro improcedente o despedimento efectuado á demandante en data 18-6-2002, condenando a demandada a que no prazo de cinco días, contados desde a notificación desta resolución, opte entre a readmisión do traballador

nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento ou o aboamento da cantidade de 4.321,55 euros en concepto de indemnización. E ó aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta resolución a razón de 36,59 euros diarios, no caso de que opte pola readmisión.

Así, por esta miña sentencia, contra a que se poderá recorrer en suplicación perante a Sala do Social del Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados desde o seguinte á súa notificación, anunciando o propósito de establecelo mediante comparecencia ou por escrito sendo indispensable que ó tempo de anuncialo o recorrente, se é empresario, exhiba perante este Xulgado do Social o xustificante acreditativo de ter depositado no Banco de Bilbao Vizcaya, oficina principal desta cidade, na conta corrente deste xulgado número identificador 5605, clave 60, a cantidade obxecto da condena, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, no que deberá facerse consta-la responsabilidade solidaria do avalista, requisito sen o cal non poderá terse por anunciado o recurso e quedará firme a sentencia. Debendo consignar ademais a cantidade de 25.000 pesetas na mesma conta coa clave 65, entregándose o xustificante na secretaría ó tempo

de interpoñe-lo recurso declarándose este desistido de non constituírse o dito depósito na forma indicada, definitivamente xulgando en primeira instancia pronúncioo, mándoo e asínoo.

Así, por esta miña sentencia da que se unirá certificación ós autos orixinais para a súa notificación e cumprimento, xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación e forma á empresa Fogar Gas, S.L. expido e asino a presente cédula na Coruña, 15 de novembro de 2002.

A secretaria xudicial

Rubricado