Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.988

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO (768/2001).

Camilo José García Puertas Magariños, secretario do Xulgado do Social número dous dos de Santiago de Compostela, fago saber que neste xulgado do social se segue procedemento número 768/2001, acumulado o 166/2002 por instancia de Belén Mato Amarelle, Mónica Sandra Varela Cruz, Mª Ángeles Antelo García, Sammuelle Sebastianelli e Ana Isabel Vega Espín, contra Jua Alberto Ageitos Vázquez, Rediscarta Galicia, S.L., Repriss, S.A. e Fogasa,

sobre cantidade, dictouse resolución do día da data, a parte dispositiva do cal é do teor seguinte:

«Dispoño: o anterior escrito únase ós autos da súa razón e entréguese copia ás partes contrarias. Acórdase a acumulación dos autos seguidos neste xulgado do social co número 166/2002 ós seguidos co número 768/2001.

Estando sinalado nos autos 768/2001 o xuízo para o próximo día 9 de decembro de 2002, suspéndese este e sinálase para o próximo día 26 de maio de 2003 ás 9.45 horas».

E para que conste e sirva de notificación, citación e requirimento á empresa Juan Alberto Ageitos Vázquez, expídese este edicto en Santiago de Compostela, 19 de novembro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA