Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.988

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2002 pola que se convoca concurso público aberto, de tramitación ordinaria e polo procedemento anticipado de gastos, para a contratación dunha consultoría/asistencia para a Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento (referencia 2002-04-1875).

En virtude das facultades conferidas na vixente normativa de contratación, anúnciase a licitación dun contrato, suxeito ás seguintes bases:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento, adscrita á Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Xestión.

c) Referencia 2002-04-1875.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: o obxecto da consultoría e asistencia é a realización dos traballos, ó longo dos anos 2003, 2004 e 2005, de recompilación, ordenación e clasificación da información sobre plans e programas de I+D europeos, así como o asesoramento para a coordinación entre o VI Programa Marco e o PGIDIT 2002/2005.

b) Prazo de execución: o prazo total de execución do traballo comprenderá desde o 4 de xaneiro de 2003 ata o 30 de decembro de 2005.

En cada ano os traballos realizaranse nas fases e nos prazos que se detallan:

1ª fase. Recompilación da información sobre plans e programas de I+D do Plan Nacional e Europeos (VI Programa Marco, accións especiais), durante os meses de xaneiro e febreiro do ano correspondente.

2ª fase. Establece-los puntos de contacto coas entidades autonómicas, nacionais e da CE relacionadas coa I+D, durante os meses de marzo e abril do ano correspondente.

3ª fase. Clasificar e ordena-la información de acordo coas áreas de interese para Galicia, durante os meses de maio e xuño do ano correspondente.

4ª fase. Xestiona-la incorporación de fondos bibliográficos de I+D producidos nos organismos correspondentes nacionais e da CE, durante os meses de xullo e agosto do ano correspondente.

5ª fase. Asesorar para a coordinación entre o Plan Nacional, o VI Programa Marco e o PGIDIT durante os meses de setembro outubro do ano correspondente.

6ª fase. Difundi-la información baixo as directrices da Secretaría Xeral de I+D, e canaliza-las consultas externas cara a organismos internacionais de I+D, durante os meses de novembro e decembro do ano correspondente.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

O importe total de la licitación ascende a cen mil cento corenta e seis euros (100.146 A), trinta e tres mil trescentos oitenta e dous euros (33.382 A) por cada anualidade (2003, 2004 e 2005), que se financiará con cargo á aplicación orzamentaria 04-06-432 A640.0 do proxecto de orzamentos da Comunidade Autónoma para o ano 2003, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia e presentado no Parlamento de Galicia.

5. Garantía provisional.

Exceptúase da garantía provisional (artigo 35 do TRLCAAPP).

Obtención de documentación e información: poderán retirala no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento; rúa dos Feáns, nº 7, 15706 Santiago de Compostela. Teléfonos 981-54 10 87/981 54 10 88.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: as empresas licitadoras deberán acredita-la súa solvencia económico-financeira e técnica ou profesional, de conformidade co exisido no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas.

Presentaranse, de conformidade co previsto no prego de cláusulas administrativas particulares, no prazo de 15 días naturais contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no DOG, no rexistro da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento das 9 ás 14 horas, ou ben na forma prevista no TRLCAAP.

9. Apertura de ofertas.

Realizarase o décimo primeiro día natural seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 12 horas nas dependencias da Secretaría Xeral de Investigación e Desenvolvemento.

Por tratarse dun expediente tramitado ó abeiro da orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998, pola que se regula a tramitación anticipada de expedientes de gastos, modificada pola orde da Consellería de Economía e Facenda do 27 de novembro de 2000, modificada pola Orde do 25 de outubro de 2001, a adxudicación definitiva estará condicionada á aprobación polo Parlamento de Galicia dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2003.

O importe deste anuncio será por conta da empresa adxudicataria.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2002.

P.D. (Orde 11-1-2002)

Miguel A. Ríos Fernández

Secretario xeral de Investigación

e Desenvolvemento