Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.989

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2002 pola que se anuncia a contratación dunha asistencia técnica para apoio técnico ós procesos informáticos integrantes do plan de reforma administrativa da Inspección Xeral de Servicios. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

Obxecto: contratación dunha asistencia técnica para apoio técnico ós procesos informáticos integrantes do plan de reforma administrativa da Inspección Xeral de Servicios. Expediente tramitado como anticipado de gasto.

Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2003.

Orzamento: 101.800,94 euros.

Garantía provisional: 2.036,01 euros.

Clasificación: non se esixe.

Documentos de interese para os licitadores: a documentación estará a disposición dos licitadores na Subdirección Xeral de Contratación da Conse

llería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública, os días e horas hábiles de oficina, durante o prazo de presentación de proposicións, situada no edificio central do complexo administrativo de San Caetano, 2ª planta, en Santiago de Compostela e no enderezo da Internet http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2159

Modelo de proposición: o que figura como anexo I ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación de proposicións: as proposicións terán que presentarse en sobre pechado, no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa de edificio administrativo central de San Caetano, Santiago de Compostela, ou por correo, da forma indicada no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado. O prazo de admisión rematará ás catorce horas o día 15 de xaneiro de 2003.

Apertura de proposicións: en acto público, nunha das salas de reunións da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública (soto do edificio central de San Caetano) ás 10 horas do día 23 de xaneiro de 2003.

O importe dos anuncios relativos ó presente concurso serán por conta do adxudicatario, que deberá aboalos con antelación á sinatura do contrato.

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2002.

P.D. (Orde 18-12-2001)

Pablo Figueroa Dorrego

Secretario xeral da Consellería da Presidencia,

Relacións Institucionais e Administración Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA