Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 251 Luns, 30 de decembro de 2002 Páx. 17.968

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 18 de decembro de 2002 pola que se modifica a Orde do 5 de xullo de 2002 (Diario Oficial de Galicia do 18 de xullo) e corrección de erros (Diario Oficial de Galicia do 8 de agosto) pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior.

De conformidade co disposto no artigo 46.1º do Real decreto 2377/1985, do 18 de decembro (BOE do 27 de decembro), polo que se aproba o Regulamento de normas básicas sobre concertos educativos que establece que: As variacións que se poidan producir nos centros por alteración do número de unidades ou por outras circunstancias individualizadas darán lugar á modificación do concerto educativo sempre que tales variacións non afecten os requisitos que orixinaron a súa aprobación.

Vistos os informes das delegacións provinciais correspondentes de que os centros privados concertados que se relacionan no anexo non teñen o número mínimo de alumnos escolarizados en determinadas unidades concertadas, así como as alegacións formuladas polos ditos centros.

A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la citada Orde do 5 de xullo de 2002 (DOG do 18 de xullo), afectando ás unidades dos centros docentes privados que se relacionan no anexo da presente orde.

Segundo.-A presente orde entrará en vigor a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2002.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Arzúa.

Centro: EFA Piñeiral.

Redúceselle 1 unidade do ciclo formativo de grao medio xestión administrativa, con efectos económico-administrativos do 31 de decembro de 2002.

Concello: A Coruña.

Centro: San Andrés.

Redúceselle 1 unidade do ciclo formativo de grao medio xestión administrativa, con efectos económico-administrativos do 31 de decembro de 2002.

Concello: A Coruña.

Centro: Santamariña.

Redúceselle 1 unidade do ciclo formativo de grao medio comercio e 1 unidade do programa de garantía social dependente de comercio e 1 unidade do programa de garantía social servicios auxiliares de oficina, con efectos económico-administrativos do 31 de decembro de 2002.

Concello: A Coruña.

Centro: Technical School.

Redúceselle 1 unidade do ciclo formativo de grao medio xestión administrativa e 1 unidade do ciclo formativo de grao medio comercio, con efectos económico-administrativos do 31 de decembro de 2002.

Concello: Pontedeume.

Centro: San José.

Redúceselle 1 unidade do programa de garantía social servicios auxiliares de oficina, con efectos económico-administrativos do 31 de decembro de 2002.

Provincia: Lugo.

Concello: Sober.

Centro: Belarmino Fernández Iglesias.

Redúceselle 1 unidade do programa de garantía social axudante de cociña e restauración, con efectos económico-administrativos do 1 de setembro de 2002.

Provincia: Pontevedra.

Concello: Vigo.

Centro: Daniel Castelao.

Redúceselle 1 unidade do programa de garantía social servicios auxiliares de oficina, con efectos económico-administrativos do 31 de decembro de 2002.

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL