Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.849

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CÉDULA do 20 de novembro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o inicio do expediente sancionador 129/02 PANA, por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 24 de outubro de 2002, a delegada provincial, dictou acordo de inicio do expediente sancionador 129/02 PANA incoado pola Delegación Provincial da Consellería de Sanidade de Pontevedra.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada por Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 4 do referido artigo, notifícaselle ó director/a xerente de Panadería El Maravillas para que poida ter coñecemento do seu contido.

Así mesmo, fáiselle sabe-lo dereito que o asiste para presentar alegacións ante esta delegación provincial no prazo de quince días, a contar desde o seguinte á publicación desta cédula.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento co dis

posto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Pontevedra, 20 de novembro de 2002.

Mª Dolores Pan Vázquez

Delegada provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 129/02 PANA.

Denunciado: director/a xerente de Panadería El Maravillas, propiedade de Antonio Álvarez González.

Último enderezo coñecido: r/ María Berdiales, 8, Concello de Vigo (Pontevedra).

Feito denunciado: infraccións en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: artigo 2.2º 2) do Real decreto 1945/1983, do 22 de xuño, polo que se regulan as infraccións e sancións en materia de defensa do consumidor e da producción agroalimentaria. Capítulo IV do anexo do Real decreto 2207/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene relativas ós productos alimenticios. Artigo 7 do Real decreto 202/2000, do 11 de febreiro, polo que se establecen as normas relativas ós manipuladores de alimentos.

Precepto sancionador: artigo 35 A) 1ª, 2ª da Lei 14/1986, do 25 de abril, Lei xeral de sanidade.

Sanción imposta: 180 euros.