Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T.I. e R.B.T. Bolón-Vioño.
Situación: Carballo.
Descricións técnicas: ramal L.M.T. aérea a 15/20 kV de 27 m de lonxitude en conductor LA-56 que parte da L.M.T. a C.T. Aldemunde e final no C.T. Bolón-Vioño de 50 kVA.
R.B.T. do C.T. Forno de 2.485 m de lonxitude en conductor R.Z.
R.B.T. do C.T. Vilardefrancos de 1.000 m de lonxitude en conductor R.Z.
R.B.T. do C.T. Pinos de 575 m de lonxitude en conductor R.Z. Concello de Carballo.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310),
sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 21 de novembro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña