Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 250 Venres, 27 de decembro de 2002 Páx. 17.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 26 de novembro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, pola que se fai pública a notificación da incoación de expediente disciplinario a Ramón Ángel Rivas Lago.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio do interesado (Urbanización As Galanas, chale 8, en Fixó Calo-Teo), sen que se puidese practicar, notifícaselle a Ramón Ángel Rivas Lago, persoal interino da escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, especialidade de patróns, grupo C, a resolución do secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos do 4 de novembro de 2002, pola que lle incoa expediente disciplinario.

A resolución obxecto deste anuncio non se publica na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A devandita

resolución atópase á disposición do interesado na Secretaría Xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos, sita en Santiago de Compostela, complexo administrativo de San Caetano, s/n.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2002.

Miguel Ángel López Sieiro

Secretario xeral da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos